El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PSdeG

Leiceaga: "Nestas eleccións moitos pasarán do voto da rabia ao voto da razón"

11-06-2016 21:39:32

Vilalba.- O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, reivindicou hoxe en Vilalba “as propostas realistas” e “cuantificables” do PSOE e de Pedro Sánchez fronte ao “pensamento máxico” de Rajoy e Pablo Iglesias nesta campaña. Leiceaga censurou que Rajoy prometa agora baixar os impostos e aumentar o gasto tras catro anos de inmobilismo, mentres Iglesias “promete de todo sen preocuparse pola factura”, porque “xa aparecerán sós” os ingresos. “Isto é fume e irresponsabilidade, e xa é hora de tratar aos cidadáns con respecto”, dixo.   

 O socialista, que esta mañá presentou xunto con Pilar Cancela o Decálogo de medidas para o impulso económico de Galicia do PSdeG, cre que os votantes son “moi intelixentes” e “nestas eleccións moitos pasarán do voto da rabia ao voto da razón” e apostarán polo “cambio solvente” que representan os socialistas. O candidato á Xunta resaltou especialmente en Vilalba as medidas que os socialistas galegos lle esixen ao Goberno central para o medio rural e o sector lácteo incluídas no decálogo.   

Nesta liña foi tamén a intervención do cabeza de lista ao Senado por Lugo, Ricardo Varela, que denunciou a complicidade do Goberno de Galicia e de España coas industrias e as distribuidoras para baixar os prezos do leite, facendo inviables as explotacións. Varela dixo que a Xunta, “por activa e por pasiva”, está consentindo que centos de explotacións gandeiras de Galicia teñan que pechar por falta de viabilidade, xa que os prezos do leite están por debaixo dos custes de produción. “O que esta facendo a administración é ningunear aos gandeiros”, afirmou.   

O candidato ao Senado comprometeuse a que se o vindeiro presidente do Goberno é Pedro Sánchez os socialistas porán en marcha “unha mesa de negociación onde estean presentes a Administración Central, a Autonómica, as industrias, os distribuidores e os produtores, para conseguir un acordo que garanta como mínimo os custes das explotacións das granxas. E tamén poremos en marcha unha renda familiar básica para os períodos de baixada de prezos”.   

Varela dixo que as vindeiras eleccións son importantes para darlle un cambio de timón a este país. “Hai que evitar a gran coalición do 2 de marzo, entre o PP e Podemos, que impediu o Goberno do cambio en España”. Comunicación PSdeG-PSOE





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias