Cedeira.- O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta, Xoaquín
Fernández Leiceaga, asegurou esta tarde en Cedeira que “moitos querían sacarnos
da carreira, pero sabemos competir e chegaremos ao 26 de xuño disputando o
primeiro posto co resto dos partidos”.
Leiceaga e a
candidata número 1 do PSdeG ao Congreso pola Coruña, Pilar Cancela, estiveron
esta tarde en Cedeira antes de participar nun mitin en Ortigueira. “Pensamos
que o decálogo de medidas que presentamos onte tivo unha boa acollida, os
socialistas defendemos os sectores estratéxicos”, apuntou o candidato á Xunta.
“O naval, o
sector primario, o cerco, o leite ou a pesca son prioritarios para nós, como
tamén o é garantir para Galicia os fondos destinados aos servizos do Estado de
benestar”, engadiu Leicega, que defendeu “a campaña dos socialistas galegos,
pegada ao terreo, racional e con propostas”.
Pola súa parte,
Cancela manifestou a súa confianza en que “os socialistas darémoslle un
sorpasso ás enquisas, a xente votará o 26 de xuño un cambio pilotado por nós”. A candidata ao
Congreso puxo a Cedeira de exemplo “do que significa un cambio da man dos
socialistas, España necesita un presidente socialista para que chegue o cambio
real”. Comunicación PSdeG-PSOE