Xoaquín
Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, manifestou onte no
mitin de peche de campaña en Ourense que nas eleccións do domingo “non tendes
que elixir entre votar por medo ou votar por rabia; votade por conviccións, coa
cabeza e co corazón! Que non vos enganen!”.
“O domingo temos
o futuro dunha xeración nas nosas mans, que non vos enganen! non tedes que
votar inmobilismo nin aventuras, votade pensando nos vosos; polo futuro, polas
becas e polas pensións”, asegurou Leiceaga, nun mitin no que tamén interviron os
candidatos ao Congreso e o Senado por Ourense Rocío de Frutos e Luis García
Mañá.
“Que non vos
enganen! Non estades entre a espada e a parede, non tendes que elixir entre
Iglesias ou máis Rajoy, votade polo único cambio seguro, firme e responsable.
Votade PSOE e votade por Pedro Sánchez”, engadiu o candidato á Xunta, que
considerou que “o Brexit é o exemplo do resultado que produce o inmobilismo da
dereita máis o populismo”.
“Ao final desta
campaña temos dúas certezas: que Rajoy non vai ser presidente, porque non é quen
de dialogar e acadar acordos con ninguén, e que España e Galicia non están por
aventuras e queren un cambio con garantías, o do PSOE”, engadiu Leicega, que
rematou lamentando que “en Galicia temos a Feijóo, alumno avantaxado de Rajoy,
e a En Marea, que antepuxo os desexos de poder de Iglesias aos intereses dos
galegos”. Comunicación PSdeG-PSOE