El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A CORUÑA | DO 8 AO 14 DE AGOSTO

Presentada a XIX edición de Viñetas desde o Atlántico

28-06-2016 20:53:41
O concelleiro José Manuel Sande.

A Coruña.- O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou hoxe o XIX Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que entre o 8 e o 14 de agosto volverá aos seus espazos habituais na cidade, como sono Kiosco Alfonso, Palexco, o pazo de María Pita e a sala Salvador de Madariaga, ademais da Rúada Banda Deseñada, que se instalará nos Cantóns. 

Desta edición, o responsable municipal salientou a presenza que terá a figura de Cervantes, a través da exposición Miguel en Cervantes ,organizada por Acción Cultural en colaboración co Instituto Cervantes en conmemoración do IVcentenario da morte do autor, e que inclúe unha versión en banda deseñada da obra O retablodas maravillas , a cargo de David Rubín, e unha recreación biográfica, obra de Miguelanxo Prado,director de Viñetas desde o Atlántico. 

“É algo importante, tras un centenario obxecto de críticas eque estatalmente foi moi desvalido”, indicou Sande a respecto da mostra, que inclúe A Coruña como primeira cidade “non cervantina” na que recala. “É unha auténtica satisfacción poderpresenta este ano en Viñetas”, coincidiu Prado durante a presentación de hoxe, quen salientou asúa montaxe e realización.

Nesta edición do Salón do Cómic terá presenza tamén, como adiantou o concelleiro de Culturas, asaga de Corto Maltés, retomada por Rubén Pellejero e Juan Díaz Canales, autores de B ajo o solde medianoite, cuxos orixinais poderanse ver no Kiosco Alfonso. Sande destacou a recuperación “dunha figura mítica, que coincide nesta cidade atlántica coa chegada da Talls Ships Races”, aregata de grandes veleiros que chegará á Coruña entre o 12 e o 14 de agosto e, nese sentido,vinculou a cita náutica coa figura deste personaxe, a quen Miguelanxo Prado describiu como “omariñeiro máis famoso da banda deseñada mundial”. 

“Con ese compoñente ilustrado, cultural,Corto Maltés acompañando o periplo máis lúdico e festivo que propiamente deportivo da regata,trátase dunha ocasión especial dentro das festas de María Pita”, indicou o concelleiro.Outro dos “elementos centrais” desta edición é, segundo o presentou o director de Viñetas, apresenza de Chris Claremont, “guionista de referencia no mundo dos superheroesnorteamericanos, como, entre outras, a Patrulla X”, salientou Prado. 

“Este ano, queríamos poñerno centro de Viñetas a un creador de historias, a un creador de personaxes, e poder traer aClaremont, que é unha referencia absoluta e mundial, é unha garantía de facelo ao máis altonivel”, observou. “A nosa guía este ano foi manter o núcleo central de Viñetas, aquelo que nosdiferenciou do resto de festivais do Estado e de Europa, o que nos deu ese punto de orixinalidadee esa empatía, e que foi ese carácter cultural do festival, o poñer toda a enerxía e capacidades enorganizar boas exposicións, unha programación potente e unha lista de autores e autorasconvidadas que representasen na medida do posible a pluralidade dunha linguaxe como a dabanda deseñada no século XXI”, salientou, sobre a presente edición.

O responsable da feira apuntou outros dos elementos que definirán esta XIX edición, como unha“especial presenza do cómic social, outro dos temas interesantes do momento actual? obras quevan máis alá que simplemente contar a vida cotiá e intentan meter o dedo e pousar a ollada sobreos problemas que todos coñecemos”, sinalou Prado, para facer mención de Cristina Bueno,Nadar, Jorge González ou Juan Díaz Canales, presentes neste Salón do Cómic. 

Do mesmo xeito,o responsable de Viñetas desde o Atlántico aludiu á especial atención que este ano se concedeao autor galego Ramón Marcos e aludiu a nomes galegos, como Kiko da Silva e FernandoLlorente, gañadores do premio Castelao nas súas dúas últimas edicións.

Ademais, e como quixo destacar Prado, a edición deste ano recupera a tradición de “engrosar opavillón ilustre do Viñetas cunha nova figura”, unha incorporación “realmente ilustre e que terá unha coherencia coa propia programación do festival”, da que o director non adiantou a identidadenin a ubicación, “para ter ese puntiño de xogo”. Igualmente, este ano o Salón do Cómic volverácontar con obradoiros infantís –que se celebrarán na Rúa da BD o mércores, venres e sábado enhorario de mañá– distribuídos por idades. 

O cartel desta ano, indicou Miguelanxo Prado napresentación de hoxe, é creación do debuxante Keko, un dos artistas convidados na ediciónpasada. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias