Pontevedra.- O candidato do
PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en
Pontevedra que os socialistas galegos acudirán “ás eleccións autonómicas sen
medo para plantexar propostas diferentes e novidosas, cos servizos básicos e o
emprego como cuestións prioritarias”.
“Os cidadáns
poderán elixir entre dúas alternativas; o proxecto do PP de Feijóo, baseado na
continuidade e na inercia, e o proxecto do PSdeG, que terá unha renovación
profunda”, apuntou Leiceaga, líder dunha candidatura que presentará no seu
programa electoral propostas “para preservar a sanidade e a educación pública,
destinadas á promoción económica e tamén á necesidade de recuperar a
converxencia con Europa”.
Leiceaga mantivo
hoxe en Pontevedra unha reunión co grupo municipal socialista encabezado por
Agustín Fernández, na primeira visita dunha rolda que o levará polas principais
cidades galegas nas próximas semanas. “É o tempo de escoitar as demandas da
cidadanía”, manifestou.
Con respecto á
cidade de Pontevedra, o candidato socialista apuntou a necesidade “de poñer en
marcha un novo colexio público en Valdecorvos e unha nova escola infantil na
cidade”, garantindo o compromiso socialista “para articular un plan de centros
galegos que atenda estas necesidades”.
Os socialistas
garanten tamén o seu apoio “para acometer despois das autonómicas a ampliación
do Hospital de Montecelo e mellorar os seus accesos”. En materia de emprego,
Leiceaga aposta, entre outros aspectos, “pola activación económica do eixo
entre Pontevedra e o polígono de Barro-Meis”.
Otras
iniciativas para a cidade que potenciarán os socialistas serán “a mellora da estrada
a Vilagarcía, o transporte metropolitano ou o saneamento das rías, que debe
chegar da man dunha xestión integral das rías”. Departamento de comunicación