El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O xornalista Javier Alfaya abre en Santiago o ciclo "Os latexos do mundo"

23-02-2007

O xornalista Javier Alfaya falará este martes en Santiago sobre a cultura en tempos da globalización, dentro do ciclo "Os latexos do mundo", organizado polo Club Internacional de Prensa de Galicia en colaboración co xornal Le Monde Diplomatique. A conferencia "A cultura en tempos de globalización", presentada polo economista Xosé Manuel Beiras, inaugurará o ciclo ás 20 horas na Fundación Araguaney. Alfaya aproximará unha resposta á pregunta de como se vai desenvolver a relación entre os axentes das artes e os poderes económicos e mediáticos nun mundo globalizado. O escritor e xornalista nado na localidade pontevedresa de Baiona ten traballado na revista Triunfo e La calle, así como en emisoras de radio e televisións estatais. Actualmente colabora en Le Monde Diplomatique, Revista de Occidente e Letra Internacional.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias