O candidato do
PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en
Santiago que “a continuidade de Feijóo e as súas políticas catro anos máis
sería un lastre difícil de contrarrestar para a recuperación económica e do
emprego”.
Leiceaga ofreceu a súa rolda de
prensa semanal, na que fixo un balance do comportamento do mercado laboral en
Galicia entre o primeiro trimestre de 2009 e o de 2016, segundo os datos da
EPA. “Temos problemas moi graves que non se poden resolver con frivolidade, é necesario
un cambio de fondo nas políticas económicas”, manifestou.
“O comportamento
de Galicia e moito peor que o do conxunto de España, hai un serio deterioro das condicións do mercado laboral e non só pola
crise económica”, apuntou. Leiceaga lembrou “a caída moi intensa do número de
persoas activas, un total de 82.300”, destacando este descenso da poboación
activa “entre as mulleres e os menores de 35 anos”.
“Con respecto aos ocupados, o
resumo dramático dos gobernos de Feijóo é que Galicia perdeu 150.000 empregos
desde o primeiro trimestre de 2009”, afirmou o candidato socialista. España
perdeu seis de cada cen empregos, mentres que en Galicia foron doce de cada
cen, “cun desplome absoluto das oportunidades de traballo entre os menores de
35 anos, unha situación dramática”.
Outros
datos do balance de Feijóo son que “en Galicia hai case 60.000 contratos
indefinidos menos” e “66.900 parados máis que no inicio da súa presidencia”.
“Hai 100.000 parados de longa duración e menos do 50% dos desempregados non teñen
dereito a unha prestación”, dixo.
“A demografía,
a natalidade ou as pensións dependen mercado laboral, pero en Galicia temos un
goberno que non executa orzamentos e non xestiona de forma correcta os fondos
europeos”, engadiu Leicega, que fixo mención aos problemas de sectores como o
industrial e o agrario.
Leiceaga
insistiu en que é necesario un cambio de fondo nas políticas económicas, pero
anunciou tres prioridades que entrarán no programa electoral dos socialistas
galegos: “A reforma dos servizos de emprego, con máis plantilla para ter unha unha
inserción laboral personalizada; políticas de formación para parados de longa
duración, e un programa de choque de inserción laboral para os colectivos
prioritarios, como os menores de 35 anos”. Departamento de comunicación