El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Leiceaga: “É necesario un cambio en Galicia"

14-07-2016 19:30:51

Vilagarcía.- O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou hoxe en Vilagarcía que “Feijóo frivolice e critique á oposición con cortiñas de fume, en vez de recoñecer que hai problemas e resolvelos, vive nun mundo paralelo e non ten compromiso”.    

Leiceaga mantivo hoxe unha reunión co grupo municipal socialista de Vilagarcía encabezado polo alcalde, Alberto Varela, dentro da rolda que o leva polas principais cidades galegas durante este mes. O candidato do PSdeG denuncia que os concellos gobernados por socialistas asuman investimentos “pola desidia e a discriminación” do goberno galego.    

“É necesario un cambio en Galicia, o trato recibido por Vilagarcía é similar ao doutros municipios con alcalde do PSdeG”, dixo Leicega, que lembrou “a ausencia de investimentos en infraestruturas sanitarias, como a necesidade que hai aquí dun novo centro de saúde ou dunha ambulancia medicalizada os doce meses do ano”.    

“Falamos tamén do saneamento das rías, un tema fundamental no que é evidente o mal uso dos fondos europeos nos últimos anos; a Xunta non inviste e están en xogo aspectos como o turismo, o marisqueo e a pesca en xeral”, manifestou.    

Leiceaga fixo tamén referencia “ao transporte, Vilagarcía necesita unha intermodal ligada á parada do AVE, pero non é una prioridade para o Partido Popular”. “Os socialistas impulsaremos un plan específico de atención ás áreas urbanas desde a Xunta”, rematou.    

Pola súa parte, o alcalde Alberto Varela insistiu “na pasividade da Xunta, tanto nas grandes infraestruturas como nas obras pequenas, somos unha cidade de servizos pero temos tamén que atraer industria”, engadindo a necesidade “dun novo xulgado” para Vilagarcía. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias