El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Editoriais e empresas de artes gráficas crean o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

23-02-2007

Editoriais e empresas de artes gráficas de Galicia uniranse para crear o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego. Esta asociación, presentada en Santiago, constituirase o vindeiro 20 de marzo na capital galega, segundo anunciou en rolda de prensa o presidente da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG), Jacobo Bermejo. A fin desta iniciativa é crear unha nova organización empresarial galega na que participe o sector gráfico, publicitario e editorial, así como proveedores de equipamento e tecnoloxía. Bermejo confiou en que esta nova agrupación parta con 50 empresas nun principio. Grazas ao Clúster, as empresas integradas compartirán recursos para a formación, innovación e internacionalización do sector, e procurará acordos de colaboración para acadar prezos máis competitivos. Ao tempo, servirá para canalizar as axudas procedentes da Administración e a crear proxectos de asistencia a feiras internacionais. Bermejo explicou en rolda de prensa que o Clúster nace cunha vocación de "reivindicar a imaxe de Galicia no deseño". O presidente da Aeagg salientou a calidade dos traballos gráficos e editoriais galegos e salientou o crecemento por riba da media estatal destes sectores en Galicia, tanto en número de empresas, como en facturación e emprego. O Clúster nace despois de que a Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (Aeagg) comezara en xuño un estudo de viabilidade financiado pola Consellería de Industria.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias