Un equipo
conformado por persoal investigador do Grupo de Estudio para la Prehistoria del
Noroeste Ibérico (GEPN) e do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro atoparon dous
novos petróglifos no entorno deste parque. Ademais dun de combinacións
circulares e diferentes coviñas, “típico da arte rupestre galaica” segundo os
investigadores, atopouse outro no que destaca unha arma de grandes dimensións
en posición pasiva rodeada de diferentes animais, na súa maioría cervos, “algo
completamente inusual na arte rupestre”.
Alia Vázquez
Martínez, Miguel Carrero Pazos
(GEPN) e Benito Vilas Estévez (do Parque
Arqueolóxico de Campo Lameiro), explican que “é, sen dúbida, unha das
descubertas mais importantes dos últimos anos, e é un petróglifo que fai
reformularse teorías previas entre as asociacións de armas e animais, e que
axuda a comprender mais amplamante a dimensionalidade e potencial da arte”. O
achado “mostra todo o que aínda nos queda por coñecer e os descubrimentos que
están por vir”.
Este achados forman
parte das actividades do proxecto de ‘Documentación dos cervos de Campo Lameiro
mediante técnicas 3D’ que dirixe o profesor Antón A. Rodríguez Casal e que
conta co asesoramento científico do catedrático Ramón Fábregas Valcarce.
Mentres que o primeiro dos petróglifos se sitúa a escasos metros do aparcamento
do centro o segundo estaba a escasos 250 metros,na zona de Outeiro de Chan de
Isca. Destaca este petróglifo polo seu bo estado de conservación e por ser a
primeira arma do entorno inmediato do parque.
Ademais desta
referencia, o equipo considera singular a presenza dunha manada de mais de 25
animais polo de agora, aglomerados en torno a rocha, no que destacan figurasde
un máximo de 15 centímetrosde lonxitude, “sendo dos mais pequenos coñecidos e
que demostran a gran habilidade que debeu de posuír o gravador ou gravadora que
os realizou”. Departamento de comunicación