El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIONES GALLEGAS

Leiceaga considera "un exemplo do fracaso de Feijóo" a situación económica de Ferrol

10-08-2016 19:16:59
Xoaquín Fernández Leiceaga, en rolda de prensa.

Ferrol.- O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou hoxe de “excepcional” a situación económica de Ferrol e garantiu “un novo plan estratéxico para revitalizar a comarca” despois do 25 de setembro.   

Leiceaga, xunto á deputada no Congreso Pilar Cancela e o senador Ángel Mato, mantiveron unha reunión con representantes públicos do PSdeG nas comarcas de Ferrol e Ortegal, co obxectivo de escoitar as súas demandas para a elaboración definitiva do programa electoral.   

O candidato socialista á presidencia da Xunta criticou nunha rolda de prensa previa á reunión “a desidia e os parches do Partido Popular para darlle resposta aos problemas económicos e de desemprego”, apostando por un “novo Plan Ferrol coas mellores prácticas do anterior”.   
Na misma liña falaron Cancela e Mato, que defenderán no Congreso e o Senado as demandas da comarca coas prioridades do sector naval e as infraestruturas. “As políticas de Feijóo levaron Galicia cara abaixo e temos que recuperala”, engadiu Fernández Leiceaga. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias