El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

Bascuas: “Somos os únicos que estamos a desenvolver unha campaña con programa, programa..."

17-09-2016 21:57:33
Compromiso por Galicia.

Compromiso por Galicia celebrou hoxe no castelo de Pardo de Cela, en Alfoz, o segundo Día do Compromiso Galego, para conmemorar o recoñecemento de Galicia como nación na Sociedade de Nacións. Xoán Bascuas realizou o discurso central do acto, que foi presentado por María Xosé Alfonso, alcaldesa de Muros, e no que taménparticiparon Andrés Núñez Rajoy e Juan Carlos Piñeiro.

“Cando houbo un galeguismo ambicioso? Canto tempo estivo o galeguismo sen unha expresión política de seu, un galeguismo que fale de que Galicia é o que importa? Isto, de seu, xa fai importante a Compromiso por Galicia”, enfatizou Bascuas no seu discurso.

O candidato á presidencia falou da importancia do partido: “Compromiso por Galicia é a forza do galeguismo necesaria. E é necesaria porque a meirande parte da cidadanía galega non ambiciona outro espazos de decisión políticos. Sabemos que a cidadanía galega é unha cidadanía á que lle gusta facer as cousas paseniño, pero ben feitas. E iso é o que está disposto a facer Compromiso por Galicia: camiñar golpe a golpe e verso a verso. Non só para enfrontar as tropas de Castela, e tamén de Cataluña, senón para convencer. Quen impón, vence unha vez. Quen convence, vence sempre. E farémolo a través do diálogo, da concertación, e do acordo”. 

Falou de Compromiso como o eixo nun goberno de cambio: “A ninguén se lle escapa que o único xeito de configurar unha alternativa ao goberno do PP, de Núñez Feijóo, é a través dun goberno de coalición. Non nos basta con que abandonen o goberno. Hai que dicirlle á cidadanía as propostas que se poden concordar e acordar para concretar ese goberno alternativo. Somos unha forza central nese eixo de forzas que poden traer o cambio a Galicia. Somos nós os que podemos tender a man, co noso progresismo e a nosa socialdemocracia, ás forzas do cambio social, e tamén falar coas forzas políticas que sinten o latexar do país no seu peito. Somos esa centralidade no eixo do cambio, somos os que podemos mirar a unha beira e á outra. Somos necesarios para darlle cordura aodiálogo que se pode establecer”. 

Bascuas destacou a campaña limpa e honesta que Compromiso está a desenvolver: “Somos os únicos que estamos a desenvolver unha campaña con programa, programa,programa. Non entramos en descalificacións, nós queremos confrontar programas. Todo o mundo está a significar a campaña de Compromiso por Galicia porque é unha campaña limpa, honesta e chea de vontade de traballo. É un esforzo imprescindible porque sen galeguismo non hai país. Somos necesarios porque este partido ten unha capacidadeenorme. Somos capaces de orientar unha man cara os sindicatos, cara os traballadores, cara a loita pola mellora das relacións laborais. E temos ao mesmo tempo outra man que é capaz de tenderse aos autónomos, aos emprendedores e ao empresariado”. 

Tamén, Bascuas puxo énfase na importancia de Compromiso para o futuro de Galicia:“Somos unha forza política sen a cal será imposible nun futuro inmediato comprender a historia política de Galicia. Pídolle á xente que sinte o país que mire para Compromiso por Galicia e que saiba que a palabra que dá Compromiso é unha palabra de honra”. 

No acto tamén participaron Andrés Núñez Rajoy, que destacou a necesidade de combater o despoboamento do rural e de buscar fórmulas para que a xente nova non o abandone, e Juan Carlos Piñeiro, que criticou a falta de infraestruturas ferroviarias en Ourense, mais especialmente en Lugo. Dixo, con ironía, que “estas son as políticas serias do PP”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias