El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

Compromiso só apoiará un grupo lácteo galego se a inicitiva é dos gandeiros

21-09-2016 20:33:06
Xoán Bascuas, en Mesía.

Xoán Bascuas, candidato á Xunta por Compromiso por Galicia, manifestou hoxe en Mesía que “investir no sector láctero é unha prioridade de primeira urxencia” para a formación galeguista, para poder “modernizalo e facelo competitivo mediante a diversificación da producción en derivados do leite”.Estas declaracións fíxoas desde unha explotación de vacas leiteira, a onde acudiu para intercambiar impresións con propietarios sobre o futuro do sector. 

Unha das medidas para asegurar a competitividade do sector e evitar que pechen máis granxas – actualmente calcúlase que son abandonadas cada semana 10 explotacións –, é a creación dun grupo lácteo galego, que querepropiciar Compromiso desde a Xunta. Pero a constitución deste ente deberá cumprir a condición de que “sexa levantado e xestionado polos gandeiros”, explica Bascuas. Achaca os fracasos anteriores a que, “ata o de agora as tentativas que se fixeron de crear o grupo lácteo foron sempre desde a óptica de interese do propio PP”, ao que Bascuas acusa de colocar ao frente a “persoas pouco ou nada competentes, mesmo ás veces sen ningunha experiencia no sector”, polo que el quere construilo “desde abaixo, e non desde arriba”.

O sector leiteiro actualmente só conta con 9.000 explotacións en toda Galicia. O candidato explicou que para levar a cabo o proxecto do grupo lácteo galego, é preciso comezar por que as distintas forzas políticas de Galicia “cheguen a un acordo e asuman que se é un sector estratégico do país”. Pola súa banda, aadministración autonómica deberá garantir que “haxa interlocución con todos os axentes que participan no sector, por medio de mesas negociadoras promovidas pola Xunta de Galicia”, engadiu o candidato galeguista. En definitiva, trátase de cambiar o modus operandi dos pasados proxectos fracasados, e que “o dirixismo sexa substituido pola colaboración e a cooperación” entre os propietarios das pequenas explotacións, setenciou.

En canto á posibilidade de fixar un prezo mínimo do leite para garantizar a supervivencia do sector, Bascuas comprometeuse a reunir aos gandeiros para entre todos marcar o prezo do litro e evitar así que as multinacionais abusen da situación de desamparo na que se encontran actualmente os propietarios das explotacións. Esta capacidade negociadora só será posible cun sector fortee vertebrado por medio das centrais leiteiras. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias