Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia, asegurou ante o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que se o seu partido entra no goberno loitará para que o Sergas ofreza aos pacientes a posibilidade de elixir hospital entre os queconforman a rede pública galega. Esta postura explicoullela Xoán Bascuas ao representante de SOS Sanidade Pública, Manuel González Moreira, e ás representantes de SAGAP, Marisa Velicia e Pilar Pousa Álvarez, con quen se reuníu esta tarde no complexo vigués para intercambiar impresións sobre as diferentes medidas para garantir un servicio sanitario de calidade e íntegramente público.
Complementariamente a esta medida, coincidiu na necesidade de revertir as privatizacións levadas a cabo no controvertido hospital vigués para garantir “que sexa 100% público”. “De todos é sabido que o Cunqueiro representa un risco para a saúde”, situación que mellorará, segundo o candidato de CxG, cando sexa xestionadoíntegramente desde o sector público.
“Os pacientes non deben ser obrigados a ser tratados nun hospital que non lles ofrece a confianza que merecen”, explicou Bascuas. Esta medida, ofertada na maior parte dos países europeos, ademáis de garantir unha sana competencia entre os hospitales da rede pública, evita o risco de que “no futuro a alguén se lle ocorra seguir privatizando e facer negocios coa saúde das persoas”, aclarou. “Queremos outorgar o dereito a disfrutar dunha sanidade de calidade, e blindala con medidas como a elección de hospital para que os pacientes non permitan que este dereito se lles arrebata por medio da privatización”.
Neste sentido lembrou os temores do sector sanitario de que o Sergas privatizara a planta de Cardioloxía do Complexo Hospitalario da Coruña, rumores que finalmente forondesmentidos pola administración despois das fortes protestas ao respecto protagonizadas polo sector. Bascuas alertou do perigo de que tras as eleccións Feijóo tente de novo levar a cabo privatizacións desta índole, pois “o propósito do PP é, a todas luces, desmantelar o servizo público de saúde”.
Xunto con estas medidas que afectan directamente ao servicio de atención hospitalaria, Bascuas anunciou o seu empeño en perseguir que o servizo de odontoloxía sexa gratuito para todas as persoas que, independentemente da súa idade, teñan rendas baixas, “cobertura que igualaría aos galegos coa maioría dos concidadáns europeos”.
Nese sentido, falou tamén de aplicar o mesmo principio para a cobertura das próteses, as cales teñen un prezo que en ocasións é extremadamente elevado para as familias. É especialmente grave no caso dos menores de idade, que teñen que mudalas cada pouco tempo. Departamento de comunicación