Sociedad
27-02-2007
Catro longametraxes con co-produción galega competirán na Sección Oficial do Festival de Cine Español de Málaga, que se celebrará entre o 9 e o 17 de marzo. A esta oitava edición do concurso preséntanse un total de 15 filmes de todo o Estado. As catro longametraxes con participación galega seleccionadas para o festival son 'El menor de los males', de Voz Audiovisual; 'Hotel Tivoli', co producida por Filmanova e Televisión de Galicia; 'Concursante', co-producida por Continental, e 'Atlas de geografía humana', na que participa Milou Films.
Dirixida por Antonio Hernández e protagonizada por Carmen Maura, 'El menor de los males' foi rodada na localidade coruñesa de Pontemaceira, e conta coa interpretación dos galegos Antonio Durán Morris, Xavier Deive e César Cambeiro.
Marta Larralde, Nancho Novo, Mabel Rivera, Luis Zahera, José Ángel Egido e Luis Tosar figuran no reparto de 'Hotel Tívoli', dirixida por Antón Reixa, que tamén se presenta a concurso.
Continental co-produce 'Concursante', dirixida polo ourensán Rodrigo Cortés, na que tamén hai unha representación de actores galegos. Por último, en 'Atlas de geografía humana' participa a produtora galega Milou Films e entre os seus intérpretes principais figura María Bouzas.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias