O equipo
de investigación da Universidade da Coruña de Química Supramolecular, que
coordina o profesor Carlos Peinador Veira, colabora co grupo de investigación
dun dos premios Nobel de Química 2016 que acaba de darse a coñecer esta mañá, o
británico Fraser Stoddart, e están ultimando a publicación dun artigo
científico, “paper”, conxuntamente.
A Real
Academia das Ciencias de Suecia informou esta mañá da concesión do premio Nobel
de Química 2016 aos investigadores Jean-Pierre Sauvage, Fraser Stoddart e
Bernard Feringa por deseñar e producir máquinas moleculares. Neste ámbito de
traballo é no que participan os investigadores da UDC, pertencentes ao grupo de
Química Molecular e de Materiais, Quimolmat, no Centro de Investigacións
Científicas Avanzadas, CICA, da universidade coruñesa. Segundo explicou o
investigador Carlos Peinador, “traballamos en estruturas supramoleculares de
tamaño nanométrico que funcionen como máquinas moleculares”.
O francés
Sauvage é profesor da Universidade de Estrasburgo, o británico Fraser Stoddart
na Universidade Northwestern, Estados Unidos, e o holandés Bernard Feringa na
Universidade de Groninga. Departamento de comunicación