Sociedad
Esta tecnoloxía aportará maior definición e ter imaxes en movemento na cúpula
27-02-2007
O planetario da Casa das Ciencias da Coruña dispoñerá dun novo proxector dixital para a representación de panoramas, ceos completos e o espazo que substituirá aos 40 aparellos ópticos que realizan esta función desde hai 20 anos. A nova tecnoloxía aportará unha maior definición e a posibilidade de obter imaxes en movemento en toda a cúpula.
A adquisición do proxector inclúese no convenio entre o Concello da Coruña e Caixanova, que foi renovado polo alcalde, Javier Losada, e o presidente da entidade financeira, Julio Fernández Gayoso. A achega económica da caixa ascenderá a 300.000 euros.
A tecnoloxía digital facilitará ademais a utilización de novas linguaxes audiovisuais para a representación dos fenómenos que se producen no espazo. Con este sistema, toda a cúpula do planetario convértese nunha gran pantalla de vídeo. "Logo de 20 anos de bater récord tras récord, imos converternos no planetario máis moderno e de máis proxección de toda España", asegurou trala firma do acordo o alcalde coruñés.
Caixanova manterá ademais o patrocinio de actividades como a exposición Wildlife Photgrapher of the year, que cada ano estréase na Casa dos Peixes e que recolle fotografías da natureza. O Día da Ciencia na Rúa, na que profesores e alumnos expoñen os seus traballos ante o público, e as Monografías de Comunicación Científica, que responden ás preguntas básicas dos cidadáns sobre asuntos de actualidade como a gripe aviaria ou a clonación, completan o programa de actividades dos Museos Científicos Coruñeses patrocinados por Caixanova.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias