Dado que as mulleres sofren ata catro veces máis lesións e problemas podales que os homes, debido fundamentalmente ao uso continuado de tacóns no calzado, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) recomenda cambiar de zapatos e altura de tacón todos os días, para evitar así desenvolver lesións. Faino así no seu videoconsello de novembro/2016 da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, unha iniciativa dos fisioterapeutas de Galicia para previr problemas de saúde.
O uso continuado de tacóns no calzado pode causar variedade de lesións e desequilibrios na postura, ademais doutras patoloxías, como artrose ou artrite nos xeonllos, afeccións de nervios, tendinite, xoanetes, dedos en martelo, metatarsalxia ou predisposición a lesións de nocello como esquinces ou fracturas, entre outros. Tamén pode provocar un acortamiento da musculatura posterior da perna, é dicir dos xemelgos, así como tendinopatias aquileas. Ademais, orixina unha alteración da marcha normal que pode conlevar posibles patoloxías en xeonllos, cadeiras e costas.
Para previr estas lesións, os fisioterapeutas recomendan que a altura do tacón non supere os 5 cm e que, no caso de usar plataformas, elíxanse aquelas que teñan certa capacidade de amortiguación e unha altura con respecto ao tacón que non supere os 3 centímetros.
Para as mulleres que non estean afeitas usar tacóns e o fagan de forma ocasional, aconsellan elixir un tacón de base ancha, xa que reparte mellor o peso, con algo de plataforma e de non máis de 3 cm de alto.
Ademais do tipo de calzado que utilizamos, tamén a pisada que realizamos pode repercutir na nosa saúde. Para comprobar se estamos a pisar inadecuadamente podemos fixarnos no desgaste do tecido do noso calzado: se o desgaste do pé dereito e o do esquerdo non son simétricos, debemos consultar a un fisioterapeuta, un podólogo ou un técnico ortopeda, xa que se non se corrixe pode xerarnos problemas de xeonllos, pelvis ou costas.
Campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”
O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) realiza estas recomendacións, conxuntamente cos colexios homónimos de Madrid, Cataluña, País Vasco e Navarra, cun novo videoconsello da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”.
CoFiGa é unha institución que representa a nivel autonómico aos máis de 2.400 fisioterapeutas que exercen na nosa comunidade.Os seus obxectivos son a salvagarda dos principios deontolóxicos e ético-sociais da Fisioterapia, a defensa e a promoción da saúde e o benestar dos cidadáns de Galicia, en colaboración cos poderes públicos, así como a promoción a nivel científico, cultural, económico e social dos fisioterapeutas colexiados. Departamento de comunicación | Más información