A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación
do Territorio, Beatriz Mato, acompañou hoxe ao ministro de Transporte e
Obras Públicas do Goberno de Uruguai, Víctor Rossi, na súa visita ás
instalacións do Complexo Medioambiental de Cerceda. Durante este percorrido, Mato
trasladoulle a Rossi que, tomando como referencia o ano 2008, a Sociedade
Galega de Medio Ambiente (Sogama) alcanzou en 2015 máximos históricos de
eficiencia ao procesar un 27% máis de lixo (583.000 toneladas/ano), xerar case
un 30% máis de enerxía e reducir o depósito de lixo no vertedoiro de Areosa nun
55%.
Así mesmo, asegurou que, co proxecto de
ampliación, o complexo terá capacidade suficiente para tratar en condicións
óptimas todo o lixo doméstico xerado en Galicia, pasando das 550.000 toneladas/ano
a 1.000.000, ao tempo que incrementará a achega á reciclaxe en 120.000
toneladas anuais, cuadriplicando as cifras actuais.
Deste xeito, e conforme ao preceptos da
economía circular, a conselleira expuxo que a pretensión é chegar ao vertido
técnico cero, é dicir, que só se deposite en vertedoiro aqueles residuos que
non se poidan reciclar nin valorizar material ou enerxeticamente.
Tamén se referiu á aposta do Goberno galego
polo transporte de residuos por tren, un medio máis respectuoso co medio ambiente
e con menos molestias para a cidadanía. Neste sentido, explicou que o uso de
ferrocarril para o traslado de lixo viuse incrementado notablemente nos últimos
meses, pasando do 25% ao 45%, co obxectivo de chegar ao 55% no 2018. De feito,
tan e como indica Renfe, co uso do tren, Sogama aforrará, nun decenio, de
22.300 toneladas de emisións de CO2, así como 800.000 litros de gasoil cada
ano.
A conselleira puxo en valor o papel que Sogama
está a desenvolver na formación, educación e concienciación da poboación en
materia ambiental. Proba disto son as múltiples campañas que a compañía leva a
cabo, e que dirixe a distintos tipos de públicos, pudendo destacar, entre
outras, o seu programa de visitas, polo que xa pasaron preto de 70.000 persoas,
ou ben o seu programa de compostaxe doméstica, ao que están adscritas 200
entidades, tendo repartido máis de 6.000 composteiros de cara a propiciar a
reciclaxe da materia orgánica nas propias vivendas unifamiliares que dispoñan
de horta ou xardín.
Por último,
sinalou que ao longo destes anos o Complexo de Cerceda tense convertido nun
referente, tal e como demostran cada ano os resultados, tanto en toneladas
procesadas como en recuperación materia e valorización enerxética; que
contribúe á conciencia cidadá; que ofrece os mellores servizos aos concellos
cun modelo económico que é o máis barato das tres plantas galegas e un dos máis
baratos de España e, en definitiva, que se ten convertido nun modelo de xestión
recoñecido pola UE que agora aborda unha nova etapa coa vista posta na economía
circular como único modelo de desenvolvemento posible.