El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Teatro Principal de Santiago acolle este sábado unha homenaxe ás mulleres represaliadas no franquismo

01-03-2007

O Teatro Principal de Santiago acolle este sábado a mediodía unha homenaxe ás mulleres represaliadas durante o franquismo, organizada pola Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración coas asociacións galegas que traballan a prol da memoria histórica. Baixo o título "Mulleres con memoria", o acto reunirá a unhas 40 mulleres que viviron a represión e que loitaron contra a ditadura. Moitas delas chegarán dende varios puntos da Península, segundo informou Cultura nun comunicado. A escritora Marga Romero presentará o acto, no que intervirán a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, e a profesora da Universidade de Santiago e investigadora da historia das mulleres Aurora Marco. En representación das homenaxeadas falará Lola Rodal, unha canguesa de familia mariñeira vítima da represión franquista. Pechará o acto a cantante Mercedes Peón, que interpretará algúns dos seus temas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias