El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Ana Pontón: "Feijóo ou é cómplice do veto á transferir a AP-9 ou o toman polo pito do sereno en Madrid"

01-12-2016 20:10:00
Ana Pontón.

A portavoz nacional, Ana Pontón, insta a Núñez Feijóo a que aclare a súa posición a respecto da transferencia da AP-9 despois de que  cos votos do PP a Comisión de Fomento do Congreso vetase abordar a transferencia desta autoestrada a Galiza, o que a dirixente do BNG teme poda ser a antesala do veto definitivo a unha demanda aprobada por unanimidade pola Cámara galega.

Neste sentido, Pontón interpela ao presidente da Xunta “para que se pronuncie sobre o feito de que sexan deputados galegos do PP os que rompen o consenso acadado pola cámara autonómica para conseguir a transferencia, e se iso significa que non se vai tomar en consideración a lei aprobada no Parlamento co apoio de todas as forzas políticas”.  Para a portavoz do Bloque só caben dúas interpretacións: “Ou ben é cómplice desa decisión ou ben o toman polo pito do sereno en Madrid”.

Non é xustificable que ante un tema de tanta transcendencia desde o punto de vista do país, Feijóo “xogue ás agochadas”, e critica “que sexa un deputado galego do seu partido quen diga que non á transferencia e rompa a unidade conseguida no Parlamento”. Nun tema de tanta relevancia para Galiza, “só lle pido que non lle permita ao PP seguir coa vella política de toda a vida, que consiste en que vota unha cousa en Galiza e a contraria en Madrid que, neste caso, é onde se decide a transferencia”. BNG





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias