El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

PPdeG

Tellado: "Galicia está consolidando a súa recuperación económica"

04-01-2017 19:05:34

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, apuntou que “Galicia está consolidando a súa recuperación económica pechando  2016 con menos paro e máis contratación”. “Hoxe temos 22.894 desempregados menos que hai 12 meses, o que supón un descenso interanual do 10%, a maior caída desde o inicio da crise”, sinalou. 

Tellado celebrou que actualmente, tras tres anos consecutivos de descensos interanuais, esteamos a “niveis de paro inferiores aos de decembro de 2009” algo que, nas súas verbas, “ratifica que a estratexia económica do Goberno galego é a acertada”.   

Do mesmo xeito ponderou a evolución cualitativa do mercado laboral galego: “levamos tres anos seguidos de incremento da contratación indefinida e ademais aumenta tamén a contratación a tempo completo”.   

Así mesmo fixo fincapé no descenso nos colectivos nos que estanse a enfocar “os máximos esforzos”: os menores de 30 anos –cun descenso do 15,97%-, os parados de longa duración -10,86%- e as mullers -8,54%. Cifras que, ao seu entender, son “especialmente positivas”.   Por último manifestou que “aínda que os datos son positivos non esquecemos que segue a haber moitos galegos no desemprego, por iso non deixamos de traballar para acadar o noso obxectivo: crear 20.000 novos postos de traballo en 2017”. Departamento de comunicación    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias