O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, recibiu
hoxe ao conselleiro delegado de Orange
España, Laurent Paillassot, quen lle explicou as principais
iniciativas do operador en Galicia, entre as que destacou o despregamento de
redes ultrarrápidas en 820 centros educativos públicos da Comunidade.
Orange resultou adxudicatario en Galicia da
iniciativa Escolas
Conectadas, que se desenvolve na Comunidade grazas á colaboración entre a Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación,
Cultura Deporte e Red.es, que é o órgano de contratación.
Ata 500 Mbps de velocidade
Segundo explicou o seu conselleiro delegado,
Orange garante conexións de 500Mbps de baixada e 500Mbps de subida en 518
centros educativos e 150Mbps de baixada e 50 de subida noutros 321 centros.
Ademais, a Xunta proporcionará a todos os centros contarán wifi de alta capacidade.
O investimento da actuación xunto co custe do mantemento das liñas supoñen
un orzamento de 17,7 millóns de euros. Esta actuación, sumada ás que xa ten en marcha
a Administración autonómica, posibilitará que o 100% dos centros públicos de
primaria e secundaria da Comunidade, máis de 1.200, dispoñan de redes ultrarrápidas
a finais de 2018.
O incremento
de velocidade permitirá os centros ter un acceso máis
efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea
dun maior número de equipos e o funcionamento de máis aplicacións informáticas
cun tempo de resposta adecuado.
O 40% dos
centros educativos contan xa con redes ultrarrápidas
A día de hoxe máis o 40% dos centros educativos contan con conexións de
100 ou 200 Mbps Desde 2009 as actuacións impulsadas pola Xunta permitiron
multiplicar por catro a velocidade media de conexión dos centros educativos dependentes da Administración autonómica.
Investimentos
de Orange na Comunidade
Por outra banda, Laurent Paillassot avanzou ao
presidente galego os obxectivos da súa compañía en Galicia, que prevé investir
máis de 45 millóns de euros en despregamentos de rede móbil, principalmente con
tecnoloxía 4G, no período 2016-2018.
Orange emprendeu tamén o despregamento de
fibra óptica en Galicia, co obxectivo de facer chegar esta tecnoloxía de última
xeración aos principais municipios galegos. Os servizos de fibra óptica de
Orange están xa dispoñibles nas localidades da Coruña, Pontevedra, Ourense,
Ferrol, Santiago de Compostela e Lugo, e ao longo de 2017 sumaranse 40
municipios máis. En total, para o período 2016-2018, o investimento previsto é
de 89 millóns de euros para levar todos os beneficios desta tecnoloxía a preto
de 550.000 fogares e empresas galegos.