El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Club de Prensa convida á reflexión sobre a imaxe da muller na prensa e na publicidade

05-03-2007

O Club Internacional de Prensa convida á reflexión sobre a imaxe da muller nos medios de comunicación e na publicidade con motivo do Día da Muller Traballadora en dous actos organizados para a ocasión. O mércores terá lugar ás 18 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación unha mesa-debate sobre "A muller nos medios de comunicación", mentres que o xoves, ás 19.30 horas, a Fundación Caixa Galicia de Santiago acolle unha conferencia da directiva do Club de Creativos de España, Eva Conesa. A vicedecana da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; a socióloga e profesora da Universidade da Coruña, Carmen Lamela; a xornalista e escritora asturiana Isabel Menéndez, e a recén licenciada en Xornalismo, Susana Pombo, analizarán dende distintas ópticas o papel da muller nos medios, tanto no eido laboral como na proxección social. Baixo o título "Publicidade: feminino, e en singular", a directiva do Club de Creativos de España, Eva Conesa, abordará o xoves o papel da muller no eido publicitario, tanto como "obxecto" como no seu labor creativo no sector.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias