Dous alumnos do Centro Superior de Hostalería
de Galicia participaron hoxe en Madrid Fusión na conferencia “A lamprea, un
prehistórico galego descoñecido”.
Turismo de Galicia promoveu este relatorio na
que tamén participaron tres dos cociñeiros galegos máis destacados do panorama
nacional. Pepe Solla, de Casa Solla (cunha Estrella Michelin) e as novas
figuras Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés (Ferrol), e Diego López,
do Restaurante La Molinera (Lalín), que prepararon varias receitas diante dun
público especializado.
Así, a través deste taller presentouse a ruta
da lamprea, un produto turístico promovido por Turismo de Galicia que enxalza
este tradicional peixe. Deste xeito, esta ruta xunta a gastronomía, o
patrimonio e a cultura das terras por onde se pesca esta especie presente, case
en exclusiva, nos ríos galegos Tambre, Ulla e Miño.
As
receitas elaboradas
Pepe Solla foi o encargado de amosar como se
realiza o sacrificio deste animal e preparou unha lamprea ao estilo
tradicional, á bordalesa. Mentres que Dani López, un dos finalistas á cociñeiro
revelación que se fallaba nesta edición de Madrid Fusión, elaborou unha lamprea
marinada e cocida ao vapor. Pola súa parte, Diego López fixo tamén unha lamprea
afumada con caldo de salazóns e grelos.