El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | EU

Yolanda Díaz: "Galicia segue na senda da destrución incesante do emprego indefinido"

26-01-2017 19:10:37

Respecto aos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA)que o INE fixo públicos esta mañá, Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, sinalou que “Galicia sigue na senda da destrución incesante do emprego indefinido, onde a  temporalidade continúa a ser a característica principal dos contratos en Galicia (os contratos temporais creceron nun 6%), unhaporcentaxe que demostra que o obxectivo da reforma laboral do PP, no camiño da destrución do emprego de calidade, estase a cumprir”. 

Neste senso, para Díaz, “non se pode consentir que se oculten claves fundamentais desta lectura. Se ben é certo que traballa máis xente é porque temos o mesmo traballo, ou menos, aínda que máis repartido entre traballadoras e traballadores precarios que cobran menose non chegan a fin de mes. A realidade é que a masa salarial é a mesma, o que muda son os salarios e as condicións laborais, que empeoran, seguindo así o obxectivo e intereses das grandes multinacionais: a destrución de emprego indefinido e de calidade e a condena de xeracións futuras a vivir condicións precarias inaceptables”, sinala. 

Doutra banda, “o ritmo de creación de emprego está a diminuír perigosamente, o que demostra que estamos nunha situación de debilidade que pode acabar con novos ataques contra os dereitos das traballadoras e traballadores”, expresa. Para Esquerda Unida estes datos mostran a incapacidade do modelo de goberno implantado por Feijóo á hora de garantir os dereitos dunha clase traballadora cada vez máis precarizadae afectada pola drástica redución de salarios e da súa calidade de vida. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias