El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Ana Pontón: "O sistema de pensións público é viábel"

28-01-2017 19:39:05
Representación do BNG na manifestación.

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na manifestación convocada pola CIG en defensa do sistema público de pensións, ante o que considera unha ofensiva do PP para desmantelar unha das prestacións sociais máis emblemáticas e necesarias, máxime nun país tan envellecido como Galiza.

“Estamos ante a crónica anunciada dun roubo dentro da escala de recortes e de privatizacións do PP que, neste caso pretende levarse por diante nada menos que o sistema público de pensións poñendo en marcha toda unha campaña que inclúe o desmantelamento da caixa das pensións”, denunciou Pontón.

“O Bloque considera que o sistema é plenamente viable se hai vontade política de sustentalo, pero estamos ante un debate ideolóxico onde a dereita do PP quere impoñer un deterioro progresivo do sistema para crear o caldo de cultivo da súa privatización”, advertiu. Neste sentido, indicou que o BNG levará o debate do futuro do sistema público de pensións ao Parlamento, onde pedirá a creación dunha comisión para analizar e garantir o futuro das pensións en Galiza. 

“Temos claro que é un sistema viable e que son decisións políticas as que pretenden desmantelar o actual modelo de pensións para privatizalo”, reiterou a portavoz nacional.Pontón instou á cidadanía a mobilizarse “para impulsar un cambio a favor da maioría social, que inclúe a derrogación da reforma laboral ao igual que todos os recortes en materia de dereitos dos e das traballadoras, e para avanzar nun marco galego de relacións laborais”.

“É necesario unha gran mobilización social para reverter os recortes de dereitos e para gañara outros novos”, argumentou, instando a secundar todas as manifestacións que convoquen as centrais sindicais. BNG





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias