O pasado ano 2016 foi un ano de
récord para o Turismo en Galicia. Segundo os datos publicados no día de hoxe
polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa comunidade recibiu un
total de 4.935.323 viaxeiros rexistrando os seus establecementos regrados máis
de 10 millóns de pernoitas, cifras que supoñen máximos históricos. Galicia
rexistrou, así, no 2016 un incremento do 7,4% na súa cifra de viaxeiros e do 9,2%
nas súas pernoitas en relación ao ano 2015.
O turismo internacional da comunidade
incrementou nun 10,2% o seu volume de pernoitas e nun 7,8% a súa cifra de
viaxeiros. Esta mellora supuxo que o mercado internacional acadase no pasado
ano máximos históricos tanto de volume, con preto de 1,38 millóns de viaxeiros
e 2,28 millóns de pernoitas, como de peso no conxunto da demanda representando
o 27,9% dos viaxeiros e o 22,7% das pernoitas totais.
Pola súa parte, o turismo nacional da
nosa comunidade subiu, nun 8,9%, consecuencia dun maior volume de viaxeiros
españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia que incrementáronse
nun 7,2% -. Grazas a este incremento o turismo nacional rexistrou na nosa
comunidade preto de 3,6 millóns de viaxeiros aloxados, acadando tamén un máximo
histórico.
En canto á demanda rexistrada por
tipoloxías de establecementos, no 2016 o 82% correspondeu aos establecementos
hoteleiros porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis – que representaron ao 65%- como
ás pensións -17%-. O 18% restante rexistrouse no segmento extrahoteleiro que corresponde
aos cámpings –9,6%-, apartamentos turísticos -4,2%- e establecementos de
turismo rural -4,2%-.
O incremento da demanda produciuse en
todas as tipoloxías de aloxamento sendo os apartamentos turísticos a modalidade
que rexistrou o crecemento de maior intensidade no pasado ano 2016 ao
incrementar nun 46,1% os seus viaxeiros e nun 31,5% as súas pernoitas.
En termos de ocupación, no 2016
Galicia rexistrou tamén melloras en todas as tipoloxías destacando, neste
sentido, os cámpings nos que subiu en 3,4 puntos porcentuais. Pola súa parte,
nos apartamentos turísticos e no segmento do turismo rural a mellora superou os
dous puntos.
Decembro
En canto ao pasado mes de decembro, Galicia
rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos
regrados do 3,2%, superando 200.000, e do 5,2% das súas pernoitas, contabilizando
preto de 375.000. En termos de mercado, o turismo
internacional incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 10,1% e as súas
pernoitas nun 9,6%, neste caso, acadando os niveis máis elevados desde o 2007.
Pola súa parte, o turismo nacional subiu
nun 4,5% consecuencia do crecemento do experimentado na súa cifra de viaxeiros
do 2,0%, rexistrando os niveis máis elevados desde o ano 2010. No que refírese ás tipoloxías de
establecementos, en decembro o 91% da demanda turística regrada correspondeu
aos establecementos hoteleiros. No pasado mes, destacaron os incrementos
rexistrados nos apartamentos turísticos, do 36,1%, nas pensións, do 18,5%, e
nos establecementos de turismo rural, do 14,6%.
En termos de ocupación, destaca o
crecemento rexistrado polos apartamentos turísticos que incrementaron en tres
puntos porcentuais a súa cifra de ocupación de decembro de 2015.