O
Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, e o Deputado de Goberno Interior, Miguel
Ángel Sotuela, entregaron hoxe os diplomas a 30 traballadores públicos,
que participaron no Plan de Formación do 2016. En total, o organismo provincial
ofreceudurante o ano pasado 22 accións formativas, nas que se formaron 795
empregados dos Concellos da provincia e da propia Deputación.
Foron681
horas de formación, nas que se abordaron os seguintes temas como, por exemplo,
xurídicos e procedimentais (274 horas); novas tecnoloxías da comunicación (92
horas); temas específicos para determinados colectivos, como a policía (81
horas); recursos humanos (70 horas); administración electrónica (54 horas);
económicos e orzamentarios (40 horas); transparencia e bo goberno (40 horas) ou
prevención de riscos laborais (30
horas).
Formación nos Concellos
O
departamento de Formación da Deputación dirixe a súa oferta formativa tanto aos
empregados do organismo provincial como aos Concellos lucenses.A programación
dirixida aos municipioscanalizouse, principalmente, a través do Plan Agrupado
de Formación Continua, que contou o ano pasado con 600 participantes.
Destes,
379 corresponderon a persoal das entidades municipais e 221 a empregados da
Deputación. A distribución por comarcas dos 379 participantes dos Concellos foi:
73 da Comarca da Mariña; 64 da Terra Chá; 118 da Comarca de Lugo; 30 da Comarca
de Sarria; 12 da Comarca da Ulloa; 42 participantes da Montaña; e outros 40 de
Lemos e Chantada.
Accións en curso
Os
recentes cambios nas normativas do sector público provocaron unha alta demanda
de dúas das accións formativas que están a celebrar actualmente a súa segunda
edición. Trátase dos cursos O
procedemento administrativo local tras a reforma da Lei 39/2015, no que
están a participar 50 persoas, e o curso Lei
40/2015 de Réxime Xurídico do Sector Público, con 52 participantes.
Ademais, para atender a listaxe de espera, está previsto que neste mes comece a
terceira edición do curso sobre procedemento administrativo, con outros 55
inscritos. Departamento de comunicación