A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria acabade
convocar, por primeira vez, o “Club de Ciencia”, un programa piloto de
innovación educativa dirixido aos centros de primaria, ESO e bacharelato de
Galicia.
A través desta convocatoria pioneira, cuxas
bases poden consultarse no portal web http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21144,
a Consellería seleccionará un total de dez centros educativos para que -en base
á iniciativa que presenten- desenvolvan un proxecto concreto no ámbito da
innovación, e para o cal recibirán unha achega de 1.200 euros.
A proposta do departamento educativo ten como
obxecto incentivar que os colexios e institutos propoñan, deseñen e implanten
accións concretas co fin fomentar a investigación, o desenvolvemento do
espírito crítico, o impulso das vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería
e Matemáticas) entre o alumnado en xeral, e entre as alumnas en particular xa
que,segundo diversos estudos a nivel nacional e internacional, están menos representadas nas carreiras
científicas.
Clubes
de aprendizaxe especial
A creación dun “Club de Ciencia” pode
proporcionar un escenario propicio para desenvolver estratexias que promovan
capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao
descubrimento, que aumente o interese dos participantes por saber, cada vez máis,
sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación.
Estes clubs nacen como un espazo de
aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes
suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar
resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.
Nos centros seleccionados, o Club deberá estar
constituído por un ou máis docentes (un deles actuará como coordinador) de
calquera especialidade e alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria
ou bacharelato. As actividades do Club desenvolveranse fóra do horario lectivo
do alumnado, aínda que se establece un mínimo de catro horas ao mes, comezando
a partir da concesión definitiva do proxecto ata final do período lectivo do
alumnado durante estecurso
2016/17.
A convocatoria establece cinco criterios de
selección entre os que destacan a calidade da proposta, a experiencia previa do
centro en actividades semellantes e de innovación e o fomento da presenza de
alumnas.O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles contados a
partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria na portal web da nosa
consellería.
Recursos
necesarios
Esta iniciativa enmárcase dentro da estratexia
da Consellería de Educación de promover as vocacións STEM entre o estudantado galego, ao tempo que
dotalos dos recursos e ferramentas necesarias para o uso seguro da tecnoloxía.
Nestaliña cómpre lembrar que desde o curso 2015/16, e a proposta da
Consellería, xa están en marcha as materias de libre configuración autonómica
de Programación en 1º e 2º da ESO (132 centros ofertárona este curso, con 4.200
matriculados) e de Robótica en bacharelato (ofertada por 92 centros e con case
600 alumnos matriculados).
A impartición destas materias leva aparellada
a dotación de equipamento específico, como son os novos kits de Robótica
educativa, Placas de
Comunicación e Impresoras 3D, cos que a Consellería está fornecendo á maioría dos IES de Galicia, unhas
ferramentas de apoio ao proceso
de ensino-aprendizaxepara impartir coñecementos e traballar desde unha
perspectiva integrada e interdisciplinar, non só desde o ámbito tecnolóxico,
senón que abrangue materias como as matemáticas, física, química, ou as devanditas materias de libre
configuración autonómica.
Así mesmo, a Consellería tamén dispón dun plan
de formación específico en Robótica,Programación e Impresión 3Ddirixido
ao profesorado vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas para, deste xeito, reforzar
os seus coñecementos nesta materia.