O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo hoxe en Santiago unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con quen solicitara unhaentrevista para abordar o compromiso da Administración autonómicos con “asuntos centrais” paraa cidade, logo de que este fora reelixido para o seu cargo nas eleccións do 25 de setembro dopasado ano.
O rexedor coruñés, que cualificou a reunión de “cordial”, indicou que ademais detrasladar peticións e información sobre os asuntos máis relevantes da cidade, tamén lle trasladou“a nosa sensación de que en ocasións os asuntos co Goberno galego non están o suficientementeengraxados, polo que lle pedimos implicación nos problemas que preocupan aos e ás coruñesas”.
“Esperemos que a partir da xuntanza de hoxe, esa colaboración entre ambas institucións sexamáis fluída e redunde no beneficio da nosa veciñanza, que debe ser a nosa preocupación común”,indicou nunha comparecencia conxunta ante os medios de comunicación.O rexedor coruñés solicitou o apoio da Xunta en todo o proceso de creación da ÁreaMetropolitana da Coruña, entendendo a mesma “como un elemento que ten que servir paramellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, algo no que coincidimos”.
“Non apostamos por crearnovas estruturas administrativas por crealas, senón que cremos na necesidade de que deanservizo á xente. Un dos puntos de encontro neste tema o encontramos no que atinxe ao tema dotransporte metropolitano”, indicou Ferreiro que engadiu: “O presidente ten o meu compromiso de que estamos dispostos a traballar nun plan de transporte metropolitano para A Coruña e a súacomarca, aproveitando ademais que estamos nun momento propicio, ao irse a abordar temascomo as concesións do transporte metropolitano, e a posible revisión da concesión do transporteurbano da Coruña. Esas situacións nos permiten casar ambas cuestións de cara ao futuro e falarda penetración metropolitana”.
Por outro lado, Ferreiro tamén destacou a solicitude que fixo de implicación da Xunta natransformación da fachada marítima da Coruña a través da súa incorporación a unha fórmula dexestión compartida, en base ao principio de acordo alcanzado polo mandatario local co presidentede Portos del Estado, José Llorca, co que se sentaron as bases para “acadar unha fórmula quegarantise tanto a titularidade como a xestión pública de toda a fachada marítima da Coruña”, oque inclúe tanto os terreos da Solana e o hotel Finisterre, como tamén os peiraos de Batería,Calvo Sotelo e San Diego.
“A intención do Concello é traballar de forma conxunta con outrasadministracións, a Xunta e tamén a Deputación, para buscar mecanismos que garantan atitularidade pública da fachada atlántica, sendo esta unha cuestión que ten a relevancia suficientecomo para que as administracións busquemos fórmulas de cooperación”.
“Hoxe, o que lletrasladei ao presidente é a fórmula dun marco xeral de actuación. Creo que hai vimbios para logopoder crear propostas concretas e establecer unha liña de actuación na que poidamos coincidir”,destacou. Por outro lado, Ferreiro tamén trasladou ao presidente autonómico as liñas xerais do proxectoelaborado polo Goberno coruñés para dotar de accesos á futura Estación Intermodal, así comosolicitou “unha rebaixa na carga orzamentaria que este proxecto supón para o Concello daCoruña”, acorde coa doutros municipios galegos onde se acometen proxectos intermodais. Outradas demandas que Ferreiro formulou foi a necesidade da “creación dunha mesa técnica paracoordinar as actuacións de ADIF, Xunta e Concello”, como administracións implicadas nestaactuación.
“Cremos que é primordial poñer a andar esta comisión técnica de cara a que todos osaxentes implicados neste proxecto nos aseguremos de que o que estamos a facer, cada un polanosa banda, vai en liña e é complementario ás actuacións dos demais”, comentou. “Nós temos moi avanzada a modificación do planeamento que servirá para reordenar os accesos á estación Intermodal, pero necesitamos ter coñecemento técnico de que o noso traballo vai en liña do queestán a facer Xunta e ADIF”, explicou.
Noutra orde de asuntos, o alcalde tamén pediu ao presidente da Xunta que a administración quepreside e, en concreto, a Consellería de Sanidade, “se defina con respecto á ubicación do centrode saúde alternativo ao de Federico Tapia que necesita a cidade”, tendo ofrecido dende haimeses o Concello dúas ubicacións distintas, unha no centro de saúde de Santa Lucía (onde xa setiña comprometida a súa localización co anterior Goberno local) ou nunha parcela de titularidademunicipal do Paseo das Pontes. No terreo das grandes infraestruturas comprometidas coa cidade,o alcalde tamén solicitou con respecto á Fábrica de Tabacos “a confirmación escrita das cuestiónspactadas verbalmente en relación ás dependencias municipais que acollerá”, así como “a fixacióndunha data de remate e posta en funcionamento do edificio xudicial”.
En canto a temas relacionados co Medio Ambiente, o alcalde coruñés explicou na rolda de prensaque recordou á Xunta a necesidade de levar a cabo o selado do vertedoiro de Nostián, así comovolveu trasladar a demanda de que a Administración autonómica compense aos concellos que seven afectados polas novas condicións do convenio asinado con Ecoembes, no que atinxe aosingresos que perciben pola reciclaxe de envases, mentres non se realicen as obras acordadas naplanta de Nostián.
Tamén recordou a necesidade de que a Xunta asuma as obras de saneamentoe mellora da Edar de Bens, en concreto o que atinxe a instalador do transformador eléctrico nainfraestrutura, unha obra que se calcula en 1,2 millóns de euros, así como a conexión do ríoPastoriza co río Mesoiro, cifrada en case catro millóns de euros.
A proposta do Concello, xatrasladada á Consellería de Medio Ambiente, pasa por que o río Pastoriza -tamén chamado río daGrela polo seu trazado- volva desembocar, como facía historicamente, no río Monelos, que á súavez sae ao mar pola zona de San Diego. Desta forma, evitaríase que o fluvial seguise a verter áEdar de Bens, feito innecesario, tendo en conta que a depuradora non ten que tratar augasfluviais. Unha vez máis, tamén se lle demandou á Xunta que amose o seu compromiso coarecuperación e saneamento integral da Ría do Burgo, defendendo ante o Goberno central ocumprimento das reclamacións da Mesa da Ría.
Entre os temas abordados na reunión de ambosdirixentes este luns tamén se atopa o traslado das reivindicacións das familias do alumnado do CEIP Ramón de la Sagra, coas que o Goberno Local se reuniu en numerosas ocasións, ante assúas protestas polas obras, dentro do curso escolar, que está a acometer a Xunta e que inclúen aretirada dunha cuberta con placas de amianto.No que atinxe a temas relacionados coa Economía e o Emprego, o rexedor coruñés demandoumaior implicación da Xunta de Galicia na “viabilidade da Fábrica de Armas”. “Somos conscientesda delicada situación na que se atopa.
Esta mesma semana volverei falar co conselleiro deIndustria sobre este asunto, pero cremos que é preciso pensar nunha implicación da Xunta dentrodos límites do razonable para garantir a viabilidade da fábrica e buscar solucións ante aposibilidade de que existan inversores que estean dispostos a apostar polo futuro dun espazoindustrial na Coruña que cremos que é moi interesante”, expuxo durante a rolda de prensa.
Outras demandas
Ademais dos temas tratados entre ambos dirixentes, o Concello tamén reiterará á Xunta anecesidade de abordar outra serie de cuestións. No ámbito da economía atoparíase o necesarioimpulso a coordinación aeroportuaria das tres terminais autonómica, así como a posta en marchadun plan de acción para a promoción do Camiño Inglés a Santiago, logo de que o Cabildo, apetición do Concello, concedese a acreditación da Compostela aos e ás peregrinas que fagan aruta á capital galega dende A Coruña.
Tamén no senso turístico se demandará a necesidade deque a Xunta aporte ao Concello, como administración organizadora das festas do San Xoán, as cantidades destinadas á promoción desta festa de interese turístico internacional.No ámbito da Educación, o Concello demanda maior coordinación por parte da Xunta coaadministración local para as actuacións nos CEIP e centros educativos da cidade, de forma quecada administración asuma as obras que lle corresponden legalmente, sendo as de titularidade municipal aquelas que teñen que ver co mantemento dos colexios.
Nese punto, tamén demandaque se regularice a titularidade dos centros Mariña Mariño, así como o CEIP de Prácticas de caraa que a Administración Local poida intervir legalmente nos mesmos, de cara a mellorar o seuestado. En materia de Servizos Sociais, outra das reclamacións que dende o Concello se fai á Administración autonómica pasa pola “redefinición dos criterios de acceso as axudas autonómicasque se perciben a través da Lei de Dependencia, así como para a percepción da Renda deIntegración Social de Galicia (Risga).
Atendendo tamén ás reivindicacións veciñais e de distintos colectivos e entidades da cidade, oGoberno local considera necesaria a recuperación do servizo de xinecoloxía no Centro deOrientación Familiar (COF) do Ventorrillo, así como dotar dun servizo de pediatría e dunhamatrona ao centro de Saúde Novo Mesoiro. Ao fío, tamén reclama á Xunta, como administracióncon competencias en materia de Sanidade, unha maior dotación de efectivos para diversoscentros de saúde da cidade onde a demanda aumentou como é o caso dos que atenden áveciñanza dos Rosales ou do Castrillón.
Dentro do ámbito cultural, o Executivo tamén solicita o cumprimento do convenio asinado en 2005entre ambas administracións para equiparar a dotación económica que fai Xunta ao Consorciopara a Promoción da Música á que realiza o Concello da Coruña, sendo esta última moi superior,así como a sinatura dun convenio que garanta o mantemento do CGAI en dependenciasmunicipais, referendando o apoio que o Concello amosa a este espazo de difusión cultural, e otraspaso da titularidade das instalacións deportivas da Xunta na cidade, como é o caso dospolideportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra, de cara a poder optimizar o seu uso tendo en conta o“rico tecido asociativo e de entidades deportivas coas que conta A Coruña”.
No terreo das políticas de Igualdade, o grupo de Goberno tamén recorda a necesaria “ampliacióndo convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Vicepresidencia da Xunta de Galiciapara o mantemento dos pisos de inclusión e transición á vida autónoma”. Para o mantementotanto da Casa de Acollemento como das vivendas de transición para mulleres que sufrironviolencia machista e menores ao cargo, o Concello ten establecido un convenio coa Deputaciónda Coruña e a Xunta de 379.000 euros ao ano, aportando a Administración local máis do 58% domesmo, mentres que o ente provincial achega un 29,54% e a Xunta un 12,27%.
O Concellosolicita unha ampliación da aportación da administración autonómica para o mantemento dospisos de transición por valor de 34.100 euros anuais.