A Liña do Galego é un servizo
gratuíto que A Mesa pon a disposicións dos cidadáns desde o 2008, no que se
poden presentar queixas sobre a vulneración dos dereitos lingüísticos que fan
algunhas institución, empresas, etc ou tamén se poden facer consultas respecto
a estes dereitos. Dentro deste servizo tamén se poden presentar parabéns para
todos aqueles que garanten a presenza do galego e a vivir no noso idioma.
Explicaba Maceira que respecto ao
informe do ano pasado, duplicáronse os contactos coa Mesa, xa foxen para poren
queixas, consultas ou parabéns. En total, foron 339 queixas, 24 consultas e 68
parabéns. Este aumento de contactos está relacionada ca aplicación para
telefonía móbil “Liña do Galego” que se puxo en movemento en xullo do 2016,
aínda así o presidente da Mesa valora que “realmente o número de queixas que se
tramitan son moi poucas en relación a todos os dereitos lingüísticos que se
vulneran”.
Marcos Maceira fixo un repaso
polas estatísticas do informe e deu a coñecer que a Administración reúne o 51%
das queixas e argumenta que pode ser debido a que existe unha maior consciencia
de que as administracións públicas teñen que usar a lingua galega e o seu
compromiso co idioma debe de ser maior.
Dentro da Administración pública, quen encabeza a lista é o Sergas
seguida da Administración local e da Administración do Estado.
Respecto ás
empresas privadas, encabezan a lista as empresas de servizos as cales
recriminan aos seus clientes o uso da lingua galega e se lles obriga a usar o
castelán para completar os ditos servizos. Sinala Maceira que, “a chantaxe
lingüística para forzar ás usuarias e usuarios de servizos está á orde do día e
que mostra que vivimos nunha situación onde o racismo lingüístico está
absolutamente naturalizado”.
Para o presidente da Mesa, vivimos nun marco legal
onde teoricamente todos e todas temos dereito a utilizar o galego nas nosas
relacións de consumo mais como na
práctica as empresas non teñen obriga de corresponder, ese dereito non se pode
exercer”. As empresas que operan en Galiza deberían de ofrecer en todos os
casos a opción de galego e a Xunta ten que facer que así sexa. Se realmente
quixer fomentar o emprega da lingua galega debería comezar por eliminar os
limites, as chantaxes e as coaccións que impiden levar a cabo unha vida no
propio idioma.
Maceira declarou que “desde A
Mesa pola Normalización Lingüística, non
só nos cinguiremos a denunciar esta situación, realmente o que queremos é que a
Administración pública actúe corrixindo legalmente esta situación”. Neste
sentido A Mesa presentou no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular
(ILP) para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socio-económico que
poña fin a esta situación e que garanta a igualdade dos e das
galegofalantes nas súas relacións de consumo
e socioeconómicas.
Por último, Maceira engade que “é
incríbel que en pleno século XXI os galegofalantes esteamos excluídos e non
podemos desenvolver con absoluta normalidade a nosa vida na nosa lingua”.
Desde A Mesa pola Normalización
Lingüística animan a que todas as persoas a pórse en contacto con eles para
denunciar todas esas vulneracións gravísimas coas que a sociedade galega se
atopa na vida cotiá. Departamento de comunicación