Con 24 solicitudes de patentes nacionais, a Universidade da Coruña colócase
como a quinta universidade pública de España no ránking de invencións do ano
2015, segundo a Oficina Española de Patentes e Marcas.
A Universidad Politécnica de Madrid encabeza o ránking con 43 patentes,
seguido da Universidad de Sevilla, 34; Universitat Politécnica de Valencia, 26;
Universidad Rey Juan Carlos, 26 e a UDC, con 24.
A Universidade da Coruña suma un total de 114 patentes de investigación
solicitadas entre os anos 2005 e 2015. O ano pasado rexistrou once solicitudes
José Ángel Brandariz
Así mesmo, O profesor titular de
Dereito Penal e
Criminoloxía da Universidade da Coruña, José Ángel Brandariz investigador do equipo ECRIM (Criminalidade, Psicoloxía Xurídica e Xustiza penal no século XXI) foi elixido
como membro, por un período de tres anos, do Executive Board (consello
directivo) da European Society of Orimiology (ESC) na reunión da 16th Annual Conference of the Europdean Society of Oriminology, celebrada
recentemente en Münster (Alemaña).
A ESC é
a asociación académica que reúne aos criminólogos europeos. Foi fundada no ano
2000, e na actualidade agrupa a uns 1.300 criminólogos, provenientes sobre todo
do eido universitario, dos cales aproximadamente 70 son españois.
O profesor
Brandariz é a terceira persoa de nacionalidade española, a única na directiva
actual, que logra ser elixida para formar parte do consello directivo da ESC,
formado por dez membros de diferentes países, ao longo dos seus máis de quince anos de historia.
O traballo da criminoloxía céntrase na análise de
tendencias xerais sobre fenómenos criminais (criminalidade organizada,
terrorismo, delincuencia de rúa, entre outros) e sobre a resposta a tales
fenómenos (eficacia das penas, funcionamento policial, resposta por parte dos
tribunais, medo ao delito, etc.).
Na criminoloxía, como ciencia sobre a
realidade, operan xuristas, pero tamén todo un conxunto de outros científicos
sociais, en especial sociólogos e psicólogos sociais. A ESC está integrada por profesores universitarios e por
asesores gobernativos en materias de seguridade, orde pública e dereitos humanos.
A función básica da ESC é a
consolidación dos estudos criminolóxicos no eido europeo, a semellanza da máis
antiga e maior American Society of Criminology.
Neste sentido, o que pretende a
sociedade é, por unha banda, contribuír a consolidar os estudos de criminoloxía
nos países con maior retraso neste eido, como España, e, por outra, producir un
espazo de discusión a nivel continental sobre a delincuencia e a resposta ao
crime, o que permite aprender de estudos e experiencias que se dan noutros
estados.
Polo que respecta ao ECRIM, é un dos grupos de
investigación máis consolidados en ciencias sociais da UDC, segundo as
valoracións da ANEP,, recoñecido como grupo de referencia competitiva pola
Xunta de Galicia, que se ocupa do estudo das problemáticas do delito e da
resposta punitiva, desde unha perspectiva ampla, que integra aspectos
xurídicos, criminolóxicos e psico-sociais.
O grupo está integrado por mais de
trinta membros, nos que se inclúen fundamentalmente profesores e investigadores
universitarios (xuristas, psicólogos sociais, criminólogos), pero tamén xuíces,
fiscais, avogados e asesores gobernativos en materia de seguridade. Departamento de comunicación