El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

OS LUNS DO ATENEO

Diego Peña descobre o grafeno como un elemento diario e de presente e futuro

06-02-2017 21:28:02

Os Luns do Ateneo falaron do grafeno nunha nova conferencia, titulada ‘O grafeno... algo máis que un material mediático?’ co químico da USC Diego PeñaGil. Este santiagués demostrou que é un elemento que está presente no día a día “só con usar un lápis” comezou o conferenciante. 

O grafeno foi redescuberto en Manchester no ano 2004, cando o ruso Novoselov decidiu investigar, saírse dos parámetros habituais, ata que chegou a un elemento novo que sería revolucionario. A súa estrutura é en forma hexagonal, “con átomos de carbono en cada vértice”, demostrou o profesor da USC. O seu descubrimento seguiu o proceso de ser “aventureiro e rigoroso”, afirmou Peña. 

Ademais, o conferenciante ofreceu otros datos de interese: o coñecemento deste material suporía a obtención do premio IG Nobel, un premio sobre investigacións curiosas ou humorísticas. Geim e Novoselov asistiron á recollida. Foron os primeiros. Anos despois conseguirían o Premio Nobel pola súa contribución ao mundo. 

Diego Peña quixo demostrar que este material é algo máis que un elemento mediático, cun futuro prometedor pero incerto. “Podemos ver os móbiles de grafeno en grandes exposicións”, remarcou, pero o cambio de material de todos os elementos tecnolóxicos podería ser un paso difícil de superar. 


O luns 13

Así mesmo, o próximo luns 13 a Sección de Sociedade do Ateneo presentará a conferencia ‘A cidade como marca de identidade’. O ponente será o catedrático pola Universidade de Barcelona Miquel de MoragasSpà. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias