El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

PONTEVEDRA

A remodelación do nó de bombeiros, lista para licitar en cinco millóns

08-02-2017 15:32:16

O Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, a través da demarcación provincial de estradas, fixeron balance onte do Convenio de infraestruturas asinado entre ambas partes no ano 1999. Daquel acordo no que se incluían obras xa rematadas como aremodelación do nó do Pino, a construción da avenida Josefina Arruti ou o paseo marítimo cara Marín, queda pendente a urbanización da estrada de Ourense que se estáa executar nestes momentos, logo dun acordo entre Fomento e o Concello para facer simultaneamente a urbanización e a instalación do saneamento.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou hoxe que na reunión tamén se abordou a posibilidade de reinvestir en Pontevedra un remanente de 600.000 euros daquel convenio (froito das melloras das obras). Aínda que a pretensión do Concello é tratar que eses cartos redunden na cidade, é certo que a decisión final nondepende de Pontevedra. Para o Goberno Local o ideal sería reinvestir eses fondos na mesma avenida Josefina Arruti, para facer a ponte que una a avenida coa estación de autobuses. 

O alcalde e o concelleiro de Infraestruturas que asistiron á reunión en nomedo Concello, acordaron enviar ao departamento provincial de Estradas de Fomento o anteproxecto elaborado polo Concello para esa vía.

Ademais do convenio de infraestruturas, na reunión se fixo un seguimento de todas asobras e proxectos que o Ministerio de Fomento desenvolve ou nos que ten competencia dentro do concello de Pontevedra.


A circunvalación

Sobre a circunvalación de Pontevedra, concluíuse que as obras van ao ritmo previsto sendo exquisitos con todas as afectacións que ten o proxecto como camiños,escorrentías… Segundo os prazos, o tramo Vilaboa-Ermida poderá estar rematado afinais de 2018 ou principios de 2019. O segundo tramo Ermida-Pilarteiros (Xeve) está previsto que proximamente se dea publicidade ao proxecto construtivo, como paso previoá expropiación dos terreos. O último dos tramos, de Pilarteiros a Curro, xa se aceptaron todas as alegacións presentadas e está en fase de impacto ambiental.


O nó de bombeiros

Outro dos proxectos que abordaron na reunión foi a remodelación do nó de bombeiros que xa dispón de proxecto definitivo e que terá un custe de 5 millóns de euros. Segundo explicou César Mosquera, no Ministerio incorporaron todas as suxestións feitas polo Concello sobre mellorar os tráficos peonís e ciclistas na ponte da autoestrada. Oproxecto está pendente da licitación da obra, e á espera de decidir si se executaría co protocolo asinado entre Fomento e Audasa para mellorar a autoestrada en distintos puntos de Galicia. En Pontevedra sería un deles.

Tamén se lles expuxo a necesidade de mellorar a pavimentación no nó de bombeiros actual. A titularidade desta vía compártena a Xunta de Galicia e o Ministerio, que lles aclarou que a parte que se topa diante da propia Estación de Bombeiros correspóndelle á Xunta. César Mosquera xa adiantou que na vindeira reunión que manteñan coaconselleira de Infraestruturas, plantearán esta necesidade. 


A variante de Alba e o paseo de Marín

A variante de Alba foi outra das obras que se puxeron sobre a mesa. Aínda que é unha intervención da Xunta de Galicia, a nova vía entronca coa estrada nacional 550, detitularidade estatal. O Concello pediulle ao departamento de Fomento que miren oproxecto “con cariño” para que poida saír adiante sen moitas demoras.

Sobre o paseo a Marín, o Goberno Local planteou a posibilidade de darlle continuidade nazona do Cabo e na rotonda de acceso ao porto de Marín, de titularidade de Fomento. OConcello quedou de enviarlle algunha proposta ao departamento de Estradas para que poidan estudar as opcións e ver a viabilidade de continuar a senda peonil e ciclista cara Estribela.

Outros asuntos que se trataron na reunión foron a necesidade de asfaltar parte da rotonda de Mollabao que dá acceso á autovía de Marín e á PO-11. Especialmente, noacceso a esta última. Tanto o peralte da curva como o firme atópase en mal estado.

Dende o Ministerio aclararon que se trata dun tramo propiedade da Xunta, polo que o Concello trasladará esta petición nunha vindeira reunión coa conselleira de Infraestruturas.

Tamén solicitaron a Fomento a posibilidade de que os camións que accedan a fábrica de Ence o fagan pola autovía de Marín, xa que a estrada vella é un viario pouco adecuado para este tipo de cargas, ao estar moi urbanizado e ter moito tránsito de peóns. Dende o Concello sábese de que a normativa de Fomento non autorizaría esta opción nunha autovía, pero dende Fomento están dispostos a estudalo.

Finalmente, o alcalde pediulle que se mellore a sinalización turística nos accesos deentrada á cidade, dende a autoestrada. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias