O Deputado
de Benestar, Álvaro Santos Ramos, asistiu onte ao Parlamento para
escoitar a resposta do Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela,
á pregunta sobre a vontade do Goberno galego de asinar convenios coa Deputación
de Lugo para que que sexan públicas, a través da Xunta, todas as prazas das
residencias e centros de día públicos que constrúe en solitario o organismo
provincial.
Santos
Ramos adiantou que “a Deputación de Lugo vai a dar todos os pasos para que, de
acordo cos Concellos nos que hai residencias, e tamén nos que non, pero
quedesexen que os seus veciños poidan ir aos centros de maiores públicos da
institución luguesa, poidan acceder a este servizo público. Efarémolo, dende
logo, sabendo que a Xuntade Galicia non quere colaborar coa Deputación de Lugo”.
Tras
escoitar a intervención do Conselleiro, o Deputado remarcou que “salgo do
Parlamento galego co convencemento de a Deputación de Lugo vai a ter que ofrecer
prazas públicas tamén en solitario.É inútil intentar entenderse cun Conselleiro
mentiroso e cruel no manexo dos datos. Enganou ao Presidente, cando tivo a
reunión con el. Hoxe minte, novamente, sobre o que pasou nesa reunión, demostrando,
unha vez máis, que o Conselleiro non está para defender o benestar dos
lucenses, senón que está para defender os intereses do PP de Lugo, obsesionado
en bloquear a apertura das residencias da Deputación de Lugo, obsesionado en
que sexa SUPLUSA,que se rexe polo dereito mercantil, a que xestione de xeito
privado as residencias para convertelas nun chiringuito e ofrecer prazas
privadas aos maiores da provincia, non públicas, tal e como quere o Goberno da
Deputación”.
“No
ano 2010 a Xunta dixo que SUPLUSA non se podía inscribir como prestadora de
servizos sociais, e 7 anos despois, vén este Conselleiro a dicirnos que temos
que inscribir a SUPLUSA. É verdade unha cousa que dixo: os que ostentamos
responsabilidades públicas debemos observar as normas. Tamén debía engadir que
temos que empregar as normas para dar servizos aos nosos cidadáns e, a mellor
norma, son os convenios, que non axudan a unha administración, senón ás persoas
que desfrutan dese servizo”.
“Iso
é o que lle pedimos ao Conselleiro: un convenio de colaboración para que os
cidadáns lucenses, que teñen as pensións máis baixas do Estado, onde temos máis
de 90.000 persoas con 65 anos e 20.000 con máis de 84, poidan acceder aos
servizos dignos na súa vellez. Para iso, non está a observancia das normas, non
está a vontade deste Conselleiro, nin dese partido político, porque o que hoxe
están a facer aquí é política de partido e non están facendo un uso
institucional de representación de verdade. O que fixo aquí é representar a
Elena Candia, que ten unha obsesión con que perdeu a presidencia da Deputación
de Lugo, que non foi quen de gañar nas urnas, e que lle quere facer o camiño
para que poidan ir a SUPLUSA e converter un proxecto de utilidade pública nun
chiringuito do PP”.
Mentiras, bloqueos, incumprimentose ata cambios por
intereses partidistas
O Presidente, Darío Campos Conde, e o Vicepresidente,
Álvaro Santos Ramos, mantiveron un encontro co Conselleiro de Política Social,
José Manuel Rey Varela, o 22 de abril de 2016. Tras esa reunión, Rey Varela
dixo publicamente: “transmitinlle ao
Presidente toda a vontade da Consellería pola axilización de tramites, imprescindibles,
sobre todo en Castroverde de A Fonsagrada, que poderían quedar listos nun mes”.
Mentiu. Nada
fixo 9 meses despois. A Deputación segue ser recibir os Permisos de Inicio de
Actividade (PIA) da Fonsagrada, Castroverde, Trabada e Pol, que son os centros
rematados e cuxas licencias de apertura se solicitaron á Xunta.
O organismo
provincial está a executar as derradeiras obras do centro de maiores de
Pedrafita do Cebreiro, polo que de seguido pedirá ao Executivo autonómico o
PIA. Cómpre destacar que a institución luguesa leva anos esperando polos
permisos de apertura dos centros da terceira idade de Castroverde e A Fonsagrada,
pois o Goberno galego do PP esgota o prazo legal de 6 meses para responde e
cando o fai pide novos cambios, bloqueando o funcionamento destas instalacións.
O PP bloquea as residencias da Deputación.
Se hai máis de 7 anos o Goberno da Xunta do PP dicía que
tiña que ser a Deputación de Lugo a que estivese inscrita como entidade prestadora
de servizos sociais, agora di o contrario, reclamando que sexa SUPLUSA.A
Deputación de Lugo leva anos inscrita no RUES, sendo, polo tanto, entidade
prestadora de servizos sociais, tal como demandou o Conselleiro de Política
Social.
O PP négase a asinar convenios entre Xunta e Deputación
para a concertación de prazas, mentindo e confundindo ao asegurar que a Lei de
Dependencia non os contempla. Todas as administracións asinan convenios de
colaboración no seu día a día. Por exemplo, a Deputación asinou 66 convenios
con outros tantos Concellos para financiarlles na súa totalidade con 1,5
millóns de euros o Servizo a Domicilio a máis de 1.800 maiores de toda a provincia.
Consecuencias da concertación de prazas a través de
SUPLUSA
O Partido Popular tanto no Goberno da Xunta como na
provincia de Lugo dende a oposición quere que SUPLUSA concorra con empresas
privadas a un concurso de concertación de prazas. As consecuencias disto son,
principalmente, as seguintes:
.- A máis
grave é que non se garante que os veciños de Lugo ocupen as prazas das
residencias da Deputación, pois a
Xunta só ten en conta o lugar de procedencia dos usuarios en casos de
emerxencia social. Polo tanto, un veciño de Vigo pode rematar na residencia de
Castroverde ou un da Fonsagrada nunha de Ourense. Os centros de maiores da
Deputación naceron para ofrecer esta prestación aos veciños nos seus propios
Concellos ou o máis preto posible para non abandonar o lugar da súa
procedencia, tal e como reclaman e se aconsella.
. - Non se
garante a concertación das 250 prazas que a Deputación ofrece nos 5 centros que
practicamente están listos. Os
usuarios das residencias da Deputación son NON DEPENDENTES. A bolsa de prazas
que ofrece a Xunta a estas persoas é practicamente inexistente, facendo que a
listaxe de espera sexa moi ampla. Polo tanto, moitos maiores veríanse na obriga
de pagar ao redor de 1.100 euros, que non teñen, e que é o que custa unha
praza.
.- Xestión
privada dos centros públicos da Deputación. SUPLUSA é unha entidade que se regula polo dereito
mercantil. Polo tanto, a xestión dos centros sería privada. O Goberno da
Deputación quere RESIDENCIAS PÚBLICAS CON XESTIÓN PÚBLICA.
Aclaracións antes os falsos argumentos do PP
1.- O proxecto de construción dunha rede pública de
residencias e centros de día dende a Deputaciónde Lugo foi aprobado por
todas as forzas políticas da Corporación Provincial, entre elas por suposto
o Partido Popular, é dicir, de xeito unánime, no Pleno de outubro de 2010.
2.- É un
proxecto que responde á función equilibradora que debe cumprir a Deputación na
provincia, facendo o que outras administracións, como a Xunta, non fan. Por
exemplo, dende a década dos 70, a Xunta de Galicia non creou prazas públicas en
centros de maiores públicos da provincia. Ademais, bloqueou ou paralizou
centros que ía construír a Xunta en Lugo, como os da Fonsagrada ou Becerreá.
3.-Sempre se
buscou a colaboración da Xunta, pero o
Partido Popular sempre dixo NON á mesma. Cómpre lembrar a reunión que no 2011 o
anterior Presidente da Deputación de Lugo mantivo coa anterior Conselleira de
Benestar, e na que Beatriz Mato dixo, publica e textualmente, que “os centros
de maiores na provincia de Lugo non son necesarios nin prioritarios”.
4.-A
localización das residencias en
Concellos gobernados por distintas formacións políticas acordouse en base a
informes técnicos que se cinguiron, principalmente, nos seguintes
parámetros: numero de maiores, despoboamento, paro e municipios nos que non
actuasen outras administracións.Resultaron centros en municipios gobernados por
diferentes formacións políticas.
5.-Alcaldes
de todas as cores políticas reclaman un centro de maiores para o seu Concello
debido á súa necesidade, pois non contan con esta prestación para a calidade de
vida dos seus veciños. De feito, actualmente son máis os Rexedores que piden á
Deputación unha residencia.
Necesidade de prazas públicas
Preto do 30% dos case 340.000 habitantes da provincia de
Lugo superan os 65 anos. Desta porcentaxe, case 20.000 teñen máis de 84 anos.
Os lucenses de entre 65 e máis de 84 anos superan a media de España. Segundo a
OMS, a ratio de prazas residencias debe ser de 5 por cada 100 habitantes
maiores de 65 anos. A ratio a nivel estatal é de 4,5 mentres en Lugo é de 3,5.
Son necesarias unhas 4.850 novas prazas residencias na provincia lucense para
satisfacer este déficit social.
Hai que ter en conta que a pensión media dun lucense é
duns 600 euros. Pola contra, o custo medio dunha praza residencial situase
entre os 1.200 e 1.500 euros.A Deputación de Lugo podería abrir este ano 5
residencias e centros de día públicos, sempre que o Goberno galego do PP
conceda os PIA. Son as da Fonsagrada, Castroverde, Trabada, Pol e Pedrafita do
Cebreiro. Estas cinco instalacións sociais e públicas ofrecerán un mínimo de 250
prazas (150 residenciais e 100 nos centros de día, pois son unhas 30 prazas
residenciais por residencia e 20 nos centros de día). Departamento de comunicación