O Salón do Libro 2017
comeza a pechar algúns detalles da súa programación. Logo de coñecer hai un par
de semanas os espectáculos teatrais que contarán con pases concertados con
escolares e para público familiar, presentan un ciclo de cine de carácter infantil para as fins de semana. Hai anos que o Salón aposta por este tipo de
proxeccións e nesta ocasión, en colaboración
co Cineclube Pontevedra, achegará 8 títulos entre os que se atopan estreas
recentes de animación nas que os
valores de ‘O mundo que queremos’ están moi presentes.
Sábado, 11 de marzo
.- ‘Pompoko’, ás 12:00 horas: Isao
Takahata, Xapón, 1994
Os
mapaches viven felices nos montes: a comida abonda, a auga é clara, a
convivencia coa humanidade, que os venera, é boa. Pero Tokio medra, os humanos
precisan máis casas e o hábitat dos mapaches corre perigo. Fai falla un plan
para frear o avance da humanidade!
Duración:
114 minutos.
.- ‘O teito do mundo’, ás 18:00 horas: Rémi
Chayé, Francia, 2015
1882.
San Petersburgo. Sasha é unha mociña aristócrata rusa fascinada pola vida de
aventuras do seu avó Olukin, explorador de sona que fixo construír o Davai, un
magnífico barco que nunca regresou da súa derradeira expedición ao Polo Norte.
Duración:
81 minutos.
Domingo, 12
.- ‘Neve
e as árbores máxicas’, ás 12:00 horas: Antoine Lanciaux, Sophie Roze e Benoît Chieux, Francia,
2014
Catro
contos inesquecibles que xiran arredor do medio ambiente e as árbores, en cuxos
mundos, poboados por entrañables personaxes, hai un lugar para o enxeño, a
amizade, o respecto e a alegría de convivir coa natureza.
Duración:
51 minutos.
.- ‘Brave’, ás 18:00 horas: Mark Andrews, Brenda Chapman e Steve
Purcell, 2012, EE UU
A princesa Mérida é unha hábil arqueira
con ansias de vivir as aventuras que lle escoita ao seu pai, o rei Fergus. Por
iso, facéndolle fronte ao destino e aos costumes do seu tempo,
emprenderá unha longa viaxe na procura
do seu soño.
Duración: 90 minutos.
Sábado 18
.- ‘Wall.E
‘, ás 12:00 horaas: Andrew
Stanton, 2008, EE UU
Ano
2800. Unha Terra devastada e sen vida. Tras centos de solitarios anos limpando
o lixo do planeta, Wall.E atópase con Eve, unha moderna robot exploradora con
quen vivirá unha emocionante aventura ao longo da Galaxia.
Duración: 103 minutos
.- ‘Zootrópolis’, ás 18:00 horas: Byron Howard, Rich Moore
e Jared Bush, 2016, EE UU
Cando a optimista Judy Hopps pon un pé en
Zootrópolis, decobre que ser unha coelliña nun corpo de policía cheo de
temibles animais non é doado. Decidida a mostrar a súa valía, lánzase a
resolver un caso, aínda que isto implique traballar canda a un raposo
lingoreteiro coma Nick Wilde.
Duración: 108 minutos.
Domingo 19
.- ‘O
principiño’, ás 12:00 horas: Mark Osborne, 2015, Francia
Adaptación animada da obra mestra de
Saint-Exupéry. Unha nena que está a ser preparada pola súa esixente nai para
vivir no mundo adulto faise amiga do seu veciño, un excéntrico e ancián aviador
que lle vai revelar un mundo extraordinario onde todo é posible..
Duración: 106 minutos
.- ‘Buscando
a Dory’, ás 18:00 horas: Andrew Stanton e Angus MacLane, 2016, EE
UU
Dory é un peixe cirurxián cunha
irresistible personalidade. Sofre perdas de memoria a curto prazo, o que non
adoita influír no seu bo humor e felicidade... Ata que se decata de que
esqueceu algo ben importante: a súa familia!
Duración: 103 minutos. Departamento de comunicación