El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación bota a andar a máis importante rede de difusión do cinema galego

09-02-2017 15:24:33
"Visións” dentro da Rede Cultura.

Títulos como as premiadas Mimosas ou A Esmorga, producións que visitaron festivais internacionais como Arraianos ou Costa da Morte, cine experimental como Vikingland ou documentais como A viaxe dos Chévere, Esquece Monelos ou Frankenstein 04155 forman parte do catálogo de “Visións”, o novo programa de cinema que a área ade Cultura da Deputación da Coruña ofrece aos concellos dentro da súa Rede Cultural. 

As principais producións cinematográficas galegas dos últimos anos forman xa parte do catálogo do programa“Visións”, o máis importante esforzo por difundir en pantallas grandes os títulos do noso audiovisual. Despois de pecharse o prazo de presentación pública de propostas, un total de dezasete produtoras e distribuidoras presentaron máis de setenta títulos que forman parte agora da listaxe á que optarán os concellos da Coruña para a proxección pública en salas de cine ou exterior. 

A convocatoria xuntou unha boa parte de producións dos últimos anos, con especial presenza do coñecido comoNovo Cinema Galego, de autores e autoras que teñen demandado unha maior distribución para as súas películas que circulan en festivais de todo o mundo. 

Entre os títulos do Novo Cinema Galego que se recollen no catálogo de Visións da Deputación da Coruña atópanse filmes como Costa da Morte de Antón Patiño,Arraianos de Eloy Enciso, Todos vós sodes capitáns eMimosas de Oliver Laxe ou Vickingland de Xurxo Chirro. 

O documental, tamén o de investigación, conta tamén con presenza na listaxe con obras como A viaxe de Leslie de Marcos Nine, Memorias Rotas de  Manane Rodríguez,Esquece Monelos de Ángeles Huerta, Frankenstein 04155 ou A última viaxe do afiador de Aitor Rei. 

As empresas do audiovisual incluíron tamén nos seus títulos boa parte da obra de dous dos cineastas que máis se teñen empeñado en producir películas en lingua galega. De Ignacio Vilar ofértanse en Visións títulos como Pradolongo, A Esmorga Vilamor e de Alfonso Zarauza obras como A viaxe dos Chévere, Os fenómenos eEncallados. Filmes de animación dirixidos especialmente ao público infantil como os dous de A Tropa de Trapo ouMaimiño distribuiranse en pantalla grande no novo circuíto da Deputación da Coruña.  


Animar os concellos 

Agora ábrese o proceso polo que cada concello poderá solicitar un máximo de 8 proxeccións, das que como mínimo a metade deberán ser de produción propia galega. “O catálogo de producións demostra a vitalidade da creación audiovisual galega e o programa nace precisamente para contribuír a súa difusión. Sentimos e chegounos a demanda do sector para darlle un pulo á distribución e quixemos que a Rede Cultural se ocupase de facer chegar á poboación dos concellos os filmes de nosas autoras e autores”, explica Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña que animou os concellos a proxectar nas súas pantallas cinema galego.  

“Trátase dun pulo importante para achegar á xente os filmes galegos, que teñen serias dificultades de se proxectar en pantallas grandes fóra dos circuítos de festivais. Cremos que é unha iniciativa pioneira que terá repercusión á hora de dar a coñecer a nosa cultura audivisual, en especial, aquela que naceu nos anos tan frutíferos da Axencia Audiovisual Galega, flocos.Tv e ao abeiro ás axudas ao talento que están na orixe de boa parte das producións dos novos e as novas creadoras do sector", explicou a responsábel da Área de Cultura, especialmente satisfeita polo nivel do catálogo de Visións e da presenza de producións galegas.  

Os concellos porán a disposición das empresas o persoal necesario, garantirán o cumprimento das necesidades técnicas necesarias para a proxección e difundirán de maneira acaída o programa audiovisual. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias