El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Feijóo: "A remodelación do Hospital do Salnés contou cun investimento de 7,7 millóns"

09-02-2017 21:11:33
Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, expresou hoxe a súa confianza en que a remodelación integral do hospital do Salnés poida estar finalizada no primeiro semestre deste ano. Así o manifestou na rolda de prensa posterior ao Consello, que avaliou un informe sobre a recente posta en funcionamento de tres dos cinco novos quirófanos cos que contará o novo bloque cirúrxico deste centro.   

Feijóo explicou que a remodelación deste hospital contou cun investimento de 7,7 millóns de euros e que, entre outras actuacións, se substitúen os tres quirófanos antigos por outros cinco novos. Tres deles son os que comezaron a funcionar esta semana e os outros dous farano nunha segunda fase. Ademais, esta ampliación do bloque cirúrxico tamén supuxo un importante investimento de 700.000 euros en equipamento e mobiliario clínico, como máquinas de anestesia, lámpadas e mesas cirúrxicas, unha torre de endoscopia cirúrxica e un ecógrafo portátil que está pendente de adxudicación.   

“En definitiva, imos coroar este investimento de 9 millóns de euros esperemos que no entorno do mes de maio ou xuño”, en función da entrega e das resolucións das compras dos equipamentos, dixo, “e finalizaremos espero que neste primeiro semestre a remodelación integral do hospital do Salnés”.   

Xunto cos quirófanos, o presidente da Xunta indicou que este novo bloque cirúrxico tamén inclúe as áreas de preparación dos médicos e os pacientes, a área de apoio administrativo, a de recepción e secretaría, e a sala de espera. E sinalou que as zonas que antes estaban ocupadas polo antigo bloque de cirurxía, que é onde se está a actuar actualmente, vai albergar unha área de coidados poscirúrxicos ampliada e a conexión do segundo eixe de circulación.   

Esta nova área, segundo detallou, conta con nove camas de recuperación poscirúrxica, dous de illados e nove postos de adaptación ao medio, un posto dobre de control de enfermaría, aseos, almacéns e outras áreas de apoio. Polo que respecta ao hospital de día, irá situado no extremo sur, e estará integrado por dez postos de tratamento, un control dobre de enfermería, almacéns e farmacia.   

O titular da Xunta concluíu facendo balance do grao de desenvolvemento do Plan director deste hospital. Segundo indicou, xa están funcionando as novas urxencias e o bloque obstétrico. Desde o luns, o bloque cirúrxico e, a maiores, seguen os traballos de reforma do hospital de día e da zona de recuperación postanestésica.    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias