A Concellaría de Educación quere destacar o papel da muller na ciencia, conmemorando o Día internacional da muller e da nena na ciencia, que se celebra este sábado. Con este motivo e coincidindo coa organización dos obradoiros educativos de Ponteciencia 2017, a Concellaría organiza sesións para, ademais de estudar o método científico, facer fincapé no fundamental papel que desempeñan as mulleres nas comunidades científica e tecnolóxica.
Xa se realizaron obradoiros nos colexios San Martiño, Príncipe Felipe, Ponte Sampaio, San Benito de Lérez, Xeve, Froebel, ou coas ANPAs de Campolongo ou Barcelos. E as datas pendentes son:
Coas Anpa
.- Xoves, 16 febreiro, ás 16:30 horas ANPA A Carballeira
.- Martes 14, ás 19:30 h. ANPA Andaina - Xunqueira2
.- Sábado 18, ás 10:30 h. Espazo Arroelo
Cos centros educativos
.- Martes, 14 febreiro: 15 CEE Principe Felipe
.- Venres 10, ás 09:15 h. CEIP SB Lérez
.- Xoves 16, ás 9:00 h. CEIP Marcos da Portela (2 sesións)
Así mesmo, co obxectivo de dar visibilidade ao papel da muller na ciencia, entregáronseaos centros educativos dous exemplares dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa María de los Ángeles Alvariño (Ferrol 1916- San Diego 2005), científica galega de recoñecemento internacional. Estes libros están destinados ás bibliotecas dos centros educativos de educación infantil eprimaria. Departamento de comunicación