El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Feijóo ve no PP un partido "preparado e que sabe o que quere"

12-02-2017 12:12:54

O presidente dos populares galegos, Núñez Feijóo, participou hoxe na clausura do 18 Congreso Nacional do Partido Popular. Alí subliñou que ve ao PP “preparado”, como unha formación que “sabe o que quere” e que ten un rumbo definido ata o ano 2020. “Temos un líder e temos un equipo. Iso é moi importante na situación política actual en España”, concluíu.

O líder do PPdeG realizou estas declaracións antes de acudir á reunión do primeiro Comité Executivo Nacional resultante deste Congreso. Nela debutou o secretario xeral autonómico, Miguel Tellado, novo representante galego neste órgano, que se sumou ao resto de membros da nosa Comunidade: a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o portavoz do grupo no Senado, José Manuel Barreiro; o secretario xeral de Nuevas Generaciones, Javier Dorado, como membros natos; e a deputada Pilar Rojo e o eurodiputado Francisco Millán Mon como membros electos. 

Sobre este punto, o presidente lembrou que Galicia “nunca tivo unha representación superior” na dirección nacional, e mostrouse “satisfeito” con esta presenza, como destacara na xornada anterior, na que o PPdeG celebrou o recoñecemento do presidente Mariano Rajoy ao esforzo e aos éxitos colectivos do partido na Comunidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias