A
Deputación mantén aberto o prazo para participar no Musiqueando, o programa dotado con 100.000 euros, co que o Goberno
da Deputación promociona a música popular na provincia, así como a creación de
corais, bandas ou grupos tradicionais. O Musiqueando
está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, para a
contratación de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional,
que teñan residencia na provincia de Lugo e que estean legalmente constituídas.
Os
grupos de música, que queiran participar nesta programación provincial poden
facelo ata o 16 de marzo, e os Concellos, asociacións ou comisións ata o 31 do
mesmo mes. Os interesados en participar no www.deputacionlugo.gal
habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da
Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no
artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O
Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20%
restante, será achegado polos Concellos, asociacións ou comisións, que
soliciten ditas actuacións. A achega do organismo provincial, que dependerá do
número dos integrantes dos grupos de música, é a seguinte:
Bandas
de música
.- Bandas
de menos de 15 integrantes: 600 euros.
.- Bandas
entre 15 e 24 integrantes: 880 euros.
.- Bandas
entre 25 e 39 integrantes: 1.200 euros.
.- Bandas
entre 40 e 50 integrantes: 1.600 euros.
.- Bandas
de máis de 50 integrantes: 2.000 euros.
Grupos
de música tradicional
.- Grupos
de música tradicional con menos de 10 integrantes: 400 euros.
.- Grupos
de musica tradicional entre 10 y 20 integrantes: 600 euros.
.- Grupos
de música tradicional con máis de 20 integrantes: 720 euros.
Corais
.- Corais
hasta 20 membros: 480 euros.
.- Corais
con máis de 20 integrantes: 640 euros.
Obrigas e compromisos
Os
Concellos e entidades que soliciten as actuacións deberán cumprir con
diferentes medidas, como organizar as actuacións velando polo seu correcto
desenvolvemento, non facer ningunha modificación na actuación sen a autorización
da Deputación, ou empregar o galego nos carteis anunciadores e en toda a
propaganda que se faga do evento.
Pola
súa parte, as bandas e grupos musicais deberán facer actuacións cun máximo de
duración de hora e media, podendo levarse a cabo nun único pase ou pola contra
en dous pases de 45 minutos cada un, e non poderán facer ningunha modificación
na actuación sen o permiso da Deputación.
Novidades
Á hora
de seleccionar aos grupos, a Deputación terá en conta aspectos como a
proximidade entre o grupo de música e o Concello, ou tamén o número de veces
que xa actuaron en dito municipio, co fin de conseguir unha rotación entre
grupos e Concellos.
Os
grupos corais, bandas de música e grupos tradicionais, non poderán participar
grupos infantís formados menores de 13 anos. Se nalgún dos grupos existisen
membros menores de idade, deberá contar coa autorización, así como unha
certificación pola que se fará cargo da súa seguridade e demais
responsabilidades derivadas, a persoa responsable do grupo de música, banda ou
coral participante neste Programa. Departamento de comunicación