El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O xornalista Carlos Gabetta defende en Santiago un novo modelo político para América Latina

Afondou nas desigualdades da zona na conferencia organizada polo Club Internacional de Prensa

06-03-2007

O escritor e xornalista Carlos Gabetta afirmou en Santiago que América Latina "necesita un nuevo modelo político" para terminar coa crise producida por "más de dos décadas de políticas neoliberales". Na conferencia "Crisis e oportunidades de América Latina", organizada polo Club de Prensa de Galicia dentro do ciclo "América, cada vez máis latina", o arxentino afondou nas desigualdades existentes en Latinoamérica. Ao seu xuízo, a aplicación de políticas neoliberais esixiu desregularizacións que remataron coas leis laborais, sanitarias e ecolóxicas, ao tempo que aumentaba a corrupción, acompañada polo desenvolvemento do narcotráfico. Para Gabetta, Arxentina é "el mejor alumno de las políticas neoliberales" xa que pasou de ser "el país más igualitario" ao "más desigual". A pesar da riqueza do país, extensible a toda Sudamérica, Arxentina presenta elevadas taxas de mortalidad por problemas de nutrición, analfabetismo e marxinalidade. Este aumento de "desigualdades y sobreexplotación de recursos naturales" deu lugar a movementos sociais e caída de gobernos que poñen en evidencia unha crise que, ao seu xuízo, precisa dun novo modelo. Carlos Gabetta referiuse a dous modelos emerxentes: o dun "capitalismo nacional", representado por Chile, Brasil, Uruguay ou Arxentina, e o dun "socialismo do século XXI", encabezado por Venezuela, Cuba, Bolivia ou Nicaragua. Mentres o primeiro "fracasó en otras épocas", o segundo "habrá que ver cómo funciona y deberá ser más democrático y participativo". "Es un momento de transición, ya veremos si positiva o negativa", concluíu o director de Le Monde Diplomatique para o Cono Sur dende 1999. Perfil Gabetta foi Director do Diploma de Estudos Avanzados en Xornalismo e Comunicación, que se impartiu no Instituto de Altos Estudos Sociais da Universidade de San Martín (Bos Aires) en 2004. Anteriormente, foi analista político e económico e columnista do semanario Trespuntos de Bos Aires. Dirixiu en España os xornais de análise político, social e cultural Cuatro Semanas e Le monde diplomatique; foi director do semanario bonaerense El Periodista e traballou para outros medios en distintos países do mundo. Ao tempo, é membro fundador de diferentes asociacións e sindicatos de xornalistas. O xornalista tamén publicou os libros 'La ?democracia? en Argentina', 'La debacle de Argentina', 'Argentina: cómo matar la cultura', 'Todos somos subversivos', 'Qué hacemos con este país', 'La sociedad y la droga' e 'La contaminación ambiental'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias