El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cen nenos da Coruña e Ferrolterra participan en Leitariegos

21-02-2017 18:03:24
Campaña de esquí da Deputación.

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos da Coruña, Ferrol, Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño participan dende o domingo na estación invernal de Leitariegos (León) na primeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2017, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Ata o vindeiro venres 24 de febreiro, os escolares terán a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.


500 nenos da provincia aprenden a esquiar coa Deputación

O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, José García Liñares, subliñou a “gran aceptación” coa que conta cada ano este programa, que ata finais de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses.  

A estación de Leitariegos, ubícase na comarca de Laciana, ao noroeste da provincia de León. Trátase dunha excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias e que conta con dez pistas balizadas de distintos niveis (cinco  vermellas, catro azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que ofrecen clases de esquí e snowboard. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias