A
Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, presentou hoxe os agasallos que
o Goberno da Deputación vai a entregar o vindeiro venres aos visitantes dos 4
museos da provincia; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla,
e do Mar, e aos da Capela de Santa María, con motivo do 180 aniversario do
nacemento de Rosalía de Castro.
García
Porto subliñou que “Rosalía de Castro foi un exemplo de liberdade para todas as
mulleres e un referente de compromiso coa identidade, a cultura, e a lingua
galega. Dende o Goberno da Deputación queremos homenaxear a unha das artistas
máis importantes da nosa historia que foi, é e será, un símbolo para o pobo
galego”.
En
total entregaranse 250 láminas, co poema Adiós
ríos, adiós fontes da artista galega,e unha rosa. A ilustración de Rosalía
de Castro é de Noemí López Vázquez e pertence a colección da exposición do
Centro de Artesanía e Deseño Imaxinando
Cantares Gallegos. Departamento de comunicación