O presidente
da Xunta, Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do
Consello a construción de sete novas residencias públicas nas sete grandes
cidades de Galicia que, cun investimento
de máis de 47 millóns de euros, permitirá poñer a disposición dos galegos máis
de 900 prazas para persoas maiores dependentes e a creación de 500 postos de
traballo.
Feijóo
subliñou que o obxectivo desta iniciativa é aumentar a oferta asistencial
pública naqueles lugares onde se concentra a demanda de prazas, facilitando que
os maiores permanezan preto dos seus fogares.
Deste
xeito, o plan propón dotar ás cidades con maior poboación –Vigo e Coruña- de
equipamentos de 150 prazas; en tanto que Ferrol, Santiago, Pontevedra, Ourense
e Lugo contarán con centros de 120 prazas.
No que
respecta ás características das residencias, o titular da Xunta subliñou que a
totalidade das residencias dividiranse nas mesmas zonas ou áreas -sendo a
residencial a máis ampla-, con estancias destinadas ao aloxamento, comedor, perruquería,
cuarto de enfermaría, sala de estar e paseos.
Así
mesmo, cómpre salientar que a maioría das persoas residentes disporán de habitacións
individuais. E todos os centros terán unidades xeriátricas e psicoxeriátricas
diferenciadas, é dicir, contarán con zonas específicas para aloxar, coidar e
traballar con residentes que padezan deterioracións ou trastornos cognitivos
severos.
O
resto das áreas destinaranse a zona social; a atención especializada, que
acollerá a consulta médica, as salas de rehabilitación e podoloxía, a farmacia
e unha unidade de enfermaría; e a zona de administración e servizos como
lavandería e cociña.
En
relación ás ubicacións, Feijóo explicou que, cun investimento de 8 millóns de
euros e cunha capacidade de 150 prazas, a parcela proposta para a construción
da residencia de Vigo é o actual emprazamento do antigo cuartel de mariñeiría
Méndez Nuñez.
Para a
cidade da Coruña proponse seleccionouse unha parcela próxima ao parque de
Eirís, na zona de Tras Hospital, na que se investirán 8 millóns de euros para albergar
unha residencia de 150 prazas, con 90 empregados”, dixo, ao que engadiu que
Ourense acollerá un centro residencial en As Lagoas, ao que se destinarán 6
millóns de euros para 120 novas prazas e coa creación de 75 postos de traballo.
As
propostas para a construción do novo centro residencial en Lugo, con 120 prazas,
75 traballadores e un investimento de máis de 6 millóns, son a parcela Montirón
ou no Hospital Xeral, no Barrio da Residencia. E para a nova residencia
proxectada en Santiago, cun orzamento de 6,4 millóns, 120 prazas e 75
empregados, proponse o barrio de Fontiñas.
A
residencia en Pontevedra (120 prazas, 75 empregados e un investimento de máis de
6 millóns) situarase no actual Hospital Provincial de Pontevedra; e, no caso de
Ferrol (120 prazas, 75 traballadores e 6,7 millóns de investimento) emprazarase
no Boial.
O
presidente da Xunta concluíu afirmando que coa construción e entrada en servizo
destes equipamentos dáse un paso moi importante nesta materia. “Neste 100
primeiros días temos a planificación neste eido para toda a lexislatura.
Sabemos o que queremos facer e onde queremos facelo”, dixo.