Os presidentes da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE),
Luciano Fernández Pintor, e da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos
Rodríguez Bernárdez, presentaron e asinaron hoxe un convenio de colaboración que
unirá ás dúas entidades de maneira permanente , e co que sumarán esforzos para
defender os dereitos das familias e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e
alzhéimer.
O
presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, detallou os puntos en común de
ambas discapacidades, salientando que con este convenio “tratamos de construír
un mundo máis xusto, igualitario e equitativo”.
Ademais tanto o DCA como o alzhéimer teñen en común a súa orixe
neurolóxica e o feito de que afectan tanto á persoa como á familia, xerando
unha gran dependencia. O representante de FAGAL incidiu no aumento deste tipo
de discapacidades debido ó acusado envellecemento poboacional que existe en
Galicia.
Pola
súa banda, o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, insistiu no vínculo
entre alzhéimer e dano cerebral por tratarse de discapacidades adquiridas, ó
tempo que demandou cambios no sistema de atención sociosanitaria que se adapten
ás novas realidades que acompañan ás persoas e familias afectadas.
O
convenio asinado esta mañá, que xa entrou en vigor, prevé o desenvolvemento de
accións conxuntas a nivel de sensibilización, formación e cantas iniciativas se
consideren pertinentes para ambas bases sociais. Na actualidade calcúlase que
hai arredor de 100.000 persoas cunha
demencia neurodexenerativa e 35.000 persoas con dano cerebral adquirido en
Galicia. Departamento de comunicación