El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Feijóo: "Galicia foi capaz de acuñar políticas de xeito pioneiro"

01-03-2017 19:33:23
Presentación do libro.

A campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que lidera e promove a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, contando coa colaboración de Ecoembes e Sogama, chegou durante os últimos cinco meses a máis de 20.500 escolares de distintos centros educativos co fin de informalos, formalos e motivalos a levar a cabo unha xestión máis sostible dos seus residuos, contribuíndo a incrementar as porcentaxes de reciclado na nosa comunidade. 

Así, desde o pasado mes de outubro, a campaña visitou un total de 156 centros educativos de toda Galicia, tanto públicos como concertados e privados, distribuíndose, por provincias, da seguinte forma: 57 pola da Coruña, 31 pola de Lugo, 15 pola de Ourense e 53 pola provincia de Pontevedra. 

No período comprendido entre outubro de 2016 e febreiro de 2017, realizáronse máis dun milleiro de accións educativas con alumnos dos ciclos de Infantil, Primaria e Secundaria (ESO e Bacharelato), ascendendo a participación a 20.584 escolares e máis de 900 profesores, superando así os 21.500 participantes directos. 

Neste sentido, cabe sinalar que a comunidade escolar eríxese nun escenario ideal no que levar a cabo actuacións de concienciación e sensibilización social en materia de medio ambiente polo magnífico labor que pequenos e mozos realizan neste eido e o efecto multiplicador que as súas mensaxes e condutas poden ter sobre as familias e contorno social máis inmediato. 

Os educadores ambientais que se desprazan aos centros imparten sesións teórico-prácticas a través das cales instrúen aos escolares na práctica diaria do principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar), insistindo nos tipos de materiais a depositar en cada un dos contedores de recollida selectiva como forma de garantir o seu posterior reciclado: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; e contedor verde convencional, para a fracción resto.


Concurso escolar

Desde o pasado 16 de xaneiro, está aberta a convocatoria dun concurso escolar destinado a alumnos de ESO e Bacharelato,  que se centra na elaboración dun vídeo-proxecto sobre separación de residuos en orixe e reciclaxe, e que deberá ter unha duración máxima de 2 minutos. 

Os autores do proxecto que resulte gañador, recibirán entradas para o Parque Acuático de Cerceda (A Coruña) ou o Parque Zoolóxico de Marcelle, situado en municipio lucense de Outeiro de Rei. Pola súa banda, o centro ao que pertenza o traballo galardoado, será obsequiado cun vale de 800 euros para a adquisición de material educativo. 

O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o próximo 17 de abril, atopándose dispoñibles as bases desta convocatoria no sitio web da campaña www.oportunidadesparareciclar.gal.


Carácter global

Pero, máis aló do ámbito escolar, desde agosto de 2016 a campaña autonómica da reciclaxe organizou ao redor de 1.350 actuacións en diferentes escenarios, contemplando xornadas informativas en praias, municipios, asociacións, centros comerciais e eventos deportivos, entre outros. O obxectivo é instar a todos os colectivos a sumar esforzos  e colaborar no tránsito que debemos facer desde unha economía lineal (producir, consumir e desbotar) a unha circular na que se priorice o máximo aproveitamento dos produtos e na que os residuos sexan concibidos como recursos. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias