El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

HOXE | MESTRE MATEO

A Gala proclamará en 25 categorías o mellor da produción audiovisual galega do ano pasado

03-03-2017 17:59:35
Os nominados do audiovisual galego.

A gran festa do audiovisual galego chega a súa décimoquinta edición. E como cada ano, dende hai 15, a Gala dos Premios Mestre Mateo convértese no mellor reflexo do que deron de si os últimos doce meses no sector. Cen nomeados, catro por cada unha das 25 categorías, optan a facerse coa prezada estatuiña que leva o busto do insigne escultor e arquitecto, autor do Pórtico da Gloria.

A gala deste ano, que terá lugar mañá a partir das 22 horas no Palexco da Coruña, discurrirá en torno á figura dos musicais na historia do cine, un xénero que tivo un máis que notable rexurdir nos últimos anos.

A gala estará presentada pola actriz Iolanda Muíños e terá a dirección do actor Manolo Cortés. Contará ademais  coa participación das actrices da compañía A Panadaría e cunha banda de músicos en directo dirixida por Ramón Orencio, da que forman parte Felipe Castro, Adrián Solla e Paulo Silva.

A gala comezará cun vídeoclip que convertirá en musicais as catro películas nomeadas á mellor longametraxe para a partir daí, e sempre en clave de comedia, ir engarzando a entrega dos diferentes premios con varios monólogos e tres números musicais.No transcurso da Gala faráselle entrega do premio de honra “Fernando Rey” á directora de arte Marta Villar.


Unha Gala Solidaria 

Máis alá do recoñecemento artístico a gala dos Mestre Mateo terá este ano varias vertentes de carácter solidario.Por unha parte, en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, converterase na primeira gala destas características que contará cun intérprete de linguaxe de signos para que un grupo de persoas con dicapacidade auditiva poida seguir en directo o espectáculo dende o patio de butacas.

Asimesmo, seis persoas da Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) colaborarán co persoal da AGA en labores de protocolo e organización da gala.A Academia tamén colaborará dándolle visibilidade ao Proxecto Quimions, que promove a elaboración solidaria de fundas para disfrazar os sueros de oncoloxía pediátrica, mediante a difusión de fotos dos gañadores con estas fundas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias