A delegación galega participante nas
olimpíadas nacionais de Formación Profesional, SpainSkills 2017, acaba de
alzarse con sete medallas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, quere felicitar a premiados e participantes por demostrar o
potencial da FP galega nas 23 competicións nas que tomaron parte dentro deste campionato
nacional. Os equipos premiados hoxe conforman a delegación estatal que
representará a España nas WorldSkills 2017, en Abu Dhabi, e mais nas EuroSkills
2018, en Budapest.
O éxito nestas olimpíadas é froito dun esforzo
conxunto da comunidade educativa na mellora progresiva de ensinanzas, centros e
equipamento de FP, así como da implicación e dedicación de profesorado e
alumnado. A calidade dos traballos realizados no marco da competición demostra,
así mesmo, o potencial de innovación da formación profesional, cuxa posta en
valor está a potenciar a Xunta de Galicia de forma decidida desde 2009.
stra, así mesmo, o potencial de
innovación da formación profesional, cuxa posta en valor está a potenciar a
Xunta de Galicia de forma decidida desde 2009.
A delegación galega, conformada por alumnado,
profesorado titor dos seus centros e por tres xefes de equipo que se encargaron
dos labores de coordinación, competiu nun total de 23 competicións deste
campionato. O equipo de FP da Consellería acompañou tamén aos participantes
durante a celebración do certame en Madrid, a cuxa inauguración asistiu tamén o
conselleiro, Román Rodríguez.